Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Comeza en Santiago o Seminario Internacional Investigación e Crítica na Literatura Infantil e Xuvenil
    Coincidindo co 20 aniversario da creación da Rede Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI), celébrase o Seminario Internacional Investigación e Crítica na Literatura Infantil e Xuvenil (2004-2024), que se desenvolve no compostelán Pazo de San Roque coa colaboración do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e do grupo de investigación universitario LITER21. A Rede Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano é un grupo multidisciplinar e multicultural composto por profesorado de distintos ámbitos lingüísticos ibéricos e iberoamericanos que achegan claves estéticas para xulgar o feito literario.
  • O Centro Dramático Galego estrea en Galicia 'Manuela Rey Is In Da House' con tres funcións no Teatro Principal de Santiago
    O Centro Dramático Galego estrea en Galicia esta fin de semana o espectáculo Manuela Rey Is In Da House cunha serie de funcións para público xeral que terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela do xoves 14 ao sábado 16 de marzo para continuar a reivindicar e dar a coñecer entre o público galego a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. A peza, creada conxuntamente entre o Centro Dramático Galego, o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto, naceu como nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior desta unidade teatral.
  • A 19ª Mostra de Cinema Etnógrafico aborda o cinema máis político nun programa que busca a ollada das mulleres
    Ao longo do encontro poderán verse 67 pezas procedentes de máis dunha ducia de nacionalidades. Serán 13 os filmes que compitan na sección oficial, dos que oito están dirixidos por mulleres. Deste xeito, a mostra, dirixida por Ana Estévez Lavandeira, volve un ano máis a darlle visibilidade ao traballo das realizadoras e directoras, o que supón un 50 % na programación desta edición. Ao mesmo tempo, o foco está posto na ollada do cinema etnográfico sobre o político, os rituais, o seu poder simbólico ou os espazos nos que se tecen as súas prácticas, relacións e significacións.
  • A estrea de 'Tratamos demasiado bien a las mujeres' forma parte da ampla presenza do cinema galego no Festival de Málaga
    O filme Tratamos demasiado bien a las mujeres, de Ficción Producciones, estreouse esta pasada noite no Festival de Málaga como parte da ampla participación do audiovisual galego na 27º edición do certame, especializado en cine español e iberoamericano, que exhibe estes días unha decena de títulos con produción galega e moitas outras obras con talento galego nos equipos artísticos e técnicos. Dirixida por Clara Bilbao na súa ópera prima e con guión de Miguel Barros, Carmen Machi e Antonio de la Torre encabezan un reparto coral que inclúe os galegos Luis Tosar, Diego Anido, Cris Iglesias ou Iván Marcos, entre outros. Trátase dunha comedia negra de maquis ambientada nos Pirineos, que chegará ás salas de cinema o 15 de marzo distribuída por Filmax.
  • A filmoteca de Galicia celebra o Día da Muller durante todo o mes de marzo con 26 traballos de dirección feminina
    A Filmoteca de Galicia conmemora durante o mes de marzo o Día da Muller co regreso do ciclo anual Olladas de muller, organizado coa colaboración do Consello da Cultura Galega. O programa terá lugar entre os días 5 e 12 e ofrecerá 15 traballos de 12 directoras, entre as que destacan as dúas cineastas que gañaron en 2023 os principais festivais españois: Jaione Camborda en San Sebastián con O corno e Laura Ferrés en Valladolid con La imagen permanente. Así, o día 5 de marzo, a sala José Sellier acolle o coloquio de Camborda e Ferrés, moderado por Jara Yáñez, directora da revista Caimán Cuadernos de Cine. Ao finalizar a conversa, proxectaranse as curtametraxes Rapa das Bestas e Los desheredados. Xa o día 6 exhibiranse as súas premiadas películas La imagen permanente e O corno, que repite sesión o día 8.
  • Claudio Rodríguez Fer recibe o Cunqueiriano de Honra 2024
    Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) é un dos máis destacados poetas da literatura galega do último medio século, ademais de narrador, dramaturgo e ensaísta e un dos máis recoñecidos galicianistas e hispanistas do noso tempo. Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética e codirixe a revista Moenia da Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor. Exerceu tamén a docencia en universidades de Nova York, París e Bretaña (pola que foi nomeado Doutor Honoris Causa) e coordina os cadernos Unión Libre. Arredor de Cunqueiro e a súa obra, é autor de ensaios onde analiza en profundidade a figura do escritor d’ As crónicas do Sochantre, como Álvaro Cunqueiro en Ortigueira (2011) ou Borges e Cunqueiro (2021). Ao escritor mindoniense tenlle dedicado tamén amplos estudos nos seus libros Poesía galega (1989) e Acometida atlántica (1996).
  • A nova edición do catálogo 'Films from Galicia' ofrece información sobre 75 producións galegas para cine e televisión
    Todas as producións (35 películas de ficción, 24 documentais, seis obras de animación e 10 formatos televisivos) dispoñen da súa propia entrada no catálogo, onde se poden consultar a ficha artística e técnica, a sinopse, a imaxe do cartel, o palmarés e os datos de contacto para a venda e distribución. A publicación, editada en inglés e con versión física e dixital interactiva, irá acompañada dun vídeo para poñer en valor a calidade e a variedade da oferta galega, ademais de contribuír a difundir o nos territorio como escenario de rodaxe. Inclúe tamén unha listaxe cos contactos das compañías produtoras. A selección de Films from Galicia, resultante dunha convocatoria ao sector para formar parte do devandito catálogo, compleméntase coas curtametraxes que integran Shorts from Galicia.
  • O galego Eduardo Soutullo gaña o XV Premio Andrés Gaos de composición musical da Deputación da Coruña
    O compositor galego Eduardo Soutullo é o gañador do XV Premio Andrés Gaos de composición musical da Deputación coa súa obra Avnios. Así se anunciou onte á noite no Museo Domus, tralo concerto de Arxis Esemble e o encontro do público co xurado e co comisario do certame e director artístico de Arxis Esemble, Hugo Gómez-Chao Porta, no que tamén participaron José Trigueros e Andrés Lacasa, director e xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).
  • O audiovisual galego pon rumbo cara ao Festival de Málaga cunha decena de títulos
    O Festival de Málaga celebrará a súa 27ª edición do 1 ao 10 do vindeiro mes de marzo cunha decena de títulos galegos en exhibición. Ademais de As neves e Tratamos demasiado bien a las mujeres, que optan á Biznaga de Ouro na sección oficial a concurso, e de Aurora e Salvaxe, salvaxe, seleccionadas na categoría de longas documentais, a representación galega esténdese a outros moitos apartados do certame con sete curtas, ademais de ao mercado profesional MAFIZ. Nel, Galcia volverá contar cun espazo propio desde o que se coordinarán diferentes accións de difusión do noso audiovisual, como reunións profesionais, proxeccións para axentes internacionais de venda e un evento promocional.
  • Morreu Xesús Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia, Medalla Castelao e Fillo predilecto de Paradela
    Esta madrugada faleceu en Lugo Xesús Mato Mato, creador de Fuxan os Ventos e Auxilia, Medalla Castelao e Fillo predilecto do Concello de Paradela. Cumprira 91 anos o pasado outubro. Crego e musicólogo desenvolveu un moi importante labor investigador e de recopilación de música tradicional galega, escribiu o poema "Fuxan os ventos", púxolle música e impulsou o grupo musical que logo levou ese nome e entrou na historia da música deste país, como despois tamén animou o nacemento do grupo "A Quenlla". Creou coros xuvenís, dirixiu a Schola Cantorum do Seminario de Lugo e o Orfeón Lucense.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información