Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O audiovisual galego pon rumbo cara ao Festival de Málaga cunha decena de títulos

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, reuniuse cunha representación das longametraxes galegas que terán a súa estrea nas seccións competitivas do Festival de Málaga, que celebrará a súa 27ª edición do 1 ao 10 do vindeiro mes de marzo cunha decena de títulos galegos en exhibición.

Ademais de As neves e Tratamos demasiado bien a las mujeres, que optan á Biznaga de Ouro na sección oficial a concurso, e de Aurora e Salvaxe, salvaxe, seleccionadas na categoría de longas documentais, a representación galega esténdese a outros moitos apartados do certame con sete curtas, ademais de ao mercado profesional MAFIZ. Nel, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades volverá contar cun espazo propio desde o que se coordinarán diferentes accións de difusión do noso audiovisual, como reunións profesionais, proxeccións para axentes internacionais de venda e un evento promocional.

Producións subvencionadas

Asistiron a esta xuntanza Sonia Méndez, directora e produtora de As neves; Julio Casal, de Ficción Producciones, á fronte de Tratamos demasiado bien a las mujeres, de Clara Bilbao, e Area Erina, directora de Aurora, xunto a Laura Doval en representación de Gaitafilmes. Tanto estes tres títulos como Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca e producido por Walkie Talkie Films, contaron con subvención da Xunta a través da convocatoria para a produción e coprodución audiovisual ou do fondo para a atracción de rodaxes do Hub Audiovisual de Galicia.

Tamén dispuxo dunha axuda ao talento audiovisual galego a curtametraxe de Xacio Baño Platónica, platónico, de Redordelos, que compite na sección oficial de curtas documentais. En curtametraxes de ficción, foi seleccionada O frío, de Pablo do Pazo, mentres que entre as de animación figurana recente gañadora dun premio Goya To Bird or Not To Bird, de Martín Romero, e Cafunè, de Lorena Ares e Carlos F. de Vigo, que xa na pasada edición do festival obtiveron a Biznaga de Prata por Amanece la noche más larga.

A relación de títulos galegos complétase con Antes de que se poña o sol, curtametraxe de Nani Matos que se estrea dentro do apartado Afirmando los derechos de las mujeres, e Amas da terra, de Xisela Franco, na sección Cinema cocina.

Ademais do apoio promocional ao sector para a súa participación nos principais eventos cinematográficos do circuíto internacional, a Xunta de Galicia acaba de abrir a convocatoria anual de subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine celebrados fóra da Comunidade, segundo as bases publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia.
Incremento do 40% nas axudas á difusión e comercialización

A través desta liña, o Goberno galego contribúe á internacionalización das producións galegas cofinanciando con 70.000 euros tanto os custos da asistencia de empresas a mercados e feiras internacionais de referencia como a promoción de filmes galegos seleccionados nalgún dos máis destacados festivais do circuíto estatal e internacional. A Xunta aumentou a dotación nun 40% con respecto ao lanzamento da convocatoria de 2023, ano no que tamén se incrementou o crédito final.

Estas axudas están tamén dispoñibles para a decena de produtoras galegas desprazadas estes días a Berlín, onde están a participar no European Film Market que se desenvolve en paralelo á Berlinale. A Xunta conta alí cun espazo propio para lles dar apoio tanto loxístico como promocional baixo a marca Films from Galicia.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información