Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O Gaiás reivindica a literatura fantástica en galego cunha exposición na Biblioteca de Galicia
    A exposición pon o foco no rico acervo de lendas e tradicións de influencia celta e precristiá, así como características climáticas e orográficas, que contribuíron á xestación dunha atmosfera favorable para que agrome a literatura fantástica en Galicia, que se transmitiu orixinalmente de modo oral, ao redor da lareira. Deste xeito afóndase en catro bloques: a tradición popular galega, a fantasía, a ciencia ficción e o terror. Comisariada pola escritora Alba Rozas e o técnico da Biblioteca de Galicia Lorenzo Romero, a mostra permanecerá aberta ata o mes de maio no horario de apertura das instalacións. Esta proposta forma parte da programación impulsada pola Administración autonómica co gallo do Día das Bibliotecas, celebrado o pasado 24 de outubro.
  • O Xuventude Crea outorga os premios de teatro a Luscofusco de Rianxo e Coidadobastón! de Redondela
    Déronse a coñecer os grupos gañadores da especialidade de teatro do certame Xuventude Crea 2024, despois das representacións que tiveron lugar durante a fin de semana no Salón Teatro de Santiago. Na fase final o xurado outorgou o primeiro premio na modalidade Amador a Luscofusco, de Rianxo (A Coruña), coa obra Fraktal, e no apartado Pro a Coidadobastón!, de Redondela (Pontevedra), coa función Recordari. Na sección Amador levou o segundo premio LaBarata producións, de Santiago de Compostela, que representou Ingobernábeis (Apto/non apto), e o terceiro O Cadro, de Taboadela (Ourense), coa peza A puta namorada.
  • Aitor Martínez, Julia de la Cal e Santiago Besteiro competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2024
    Tivo lugar a reunión do xurado dos Premios Artesanía de Galicia 2024 na sede da Fundación Artesanía de Galicia en Santiago de Compostela. Tras a súa reunión, o xurado decidiu dar a coñecer os tres finalistas que competirán pola categoría Premio Artesanía de Galicia 2024, dotado con 9.000 euros. Os seleccionados foron o torneiro Aitor Martínez (Tomiño), a cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño), e Santiago Besteiro (Monterroso), especializado no traballo do coiro. Os Premios Artesanía de Galicia están impulsados pola Xunta co obxectivo de recoñecer o talento e a traxectoria dos profesionais do sector artesán galego.
  • CO(M)XÉNERO convida a reflexionar sobre o rol das mulleres nos oficios do cinema
    Os días 6 e 7 de novembro chega a undécima edición do CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC, que nesta ocasión leva o título ‘Na letra pequena. As mulleres nos oficios do cinema’. Este evento, xa consolidado como un espazo de reflexión e debate, centrará esta vez o seu foco nas mulleres que traballan nos oficios do cinema menos visibles pero imprescindibles para a creación audiovisual, desde o son ata a produción e a montaxe. Organizado polo Grupo de Investigación en Estudos Audiovisuais da USC, o seminario pretende reivindicar o papel destas profesionais no sector audiovisual, un ámbito no que a presenza feminina segue sendo escasa, especialmente en áreas técnicas e creativas.
  • Dous artesáns galegos optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía 2024
    Dúas candidaturas galegas optan como finalistas aos XVII Premios Nacionales de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte. O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez opta ao premio Produto e o ebanista Fran Millán, do obradoiro Frouma Atlantic Wood, en Ribeira, competirá polo Premio Emprendemento. Os Premios Nacionais de Artesanía convócanse anualmente co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado.
  • Nove creadores galegos participarán no Festival Internacional Eñe en Madrid
    Entre os nove asistentes están varios premios nacionais, como Manuel Rivas, Diego Ameixeiras e Berta Dávila, que contan con esta distinción na categoría de Crítica; Ismael Ramos e Alba Cid, ambos os dous Premios Nacionais de Poesía Xove; e Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática. Súmanselle a esta delegación a cineasta Jaione Camborda, quen dirixiu O Corno, que se converteu na primeira película en galego en gañar unha Concha de Ouro no Festival de Donosti en 2023.
  • O Centro Dramático Galego inicia a xira do espectáculo 'Terceiro acto' por oito escenarios
    O Centro Dramático Galego inicia este xoves día 24 en Lugo a xira que levará o seu espectáculo Terceiro acto a oito escenarios durante o seu regreso ás táboas co gallo da celebración do 40º aniversario da compañía pública de Galicia. Materializarase así o percorrido que non fora posible levar a cabo con esta produción en 2021 por mor da pandemia. O Auditorio Municipal Gustavo Freire da capital lucense recibirá esta montaxe o xoves ás 20,30 h., na que será a súa primeira representación fóra do Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede da unidade teatral da Xunta. Alí vén de ofrecer 14 funcións tras a súa reestrea do pasado día 3, nas que tamén recibiu público dos preto de 50 concellos que fixeron uso do plan de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?
  • Inaugurada a exposición 'Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador' na Biblioteca Nacional de España
    A Xunta colabora coa Biblioteca Nacional, a Junta de Castela e León, o concello de Ferrol e a Fundación Torrente Ballester na organización de esta exposición, comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra, para conmemorar o 25 aniversario do pasamento do autor galego. A mostra fai un percorrido pola traxectoria profesional deste escritor, profesor, ensaísta, articulista ou crítico literario a través de diferentes lugares que foron claves ao longo da súa vida como Ferrol, Pontevedra, Madrid, Estados Unidos ou Salamanca. A exposición poderá verse ata o vindeiro 12 de xaneiro na Sala das Guillotinas da Biblioteca Nacional, pero será itinerante e chegará a Ferrol e Salamanca no 2025.
  • O Centro Dramático Galego e o Concello de Santiago colaboran para a estrea estatal de 'As bruxas de Salem' no Auditorio de Galicia
    Este sábado 19 e outubro, ás 19,00 h., o Auditorio de Galicia acollerá a estrea estatal da produción do Teatro Nacional São João de Porto As bruxas de Salem, dirixida por Nuno Cardoso a partir do texto orixinal de Arthur Miller. O CDG, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, posibilita esta representación no marco das liñas de traballo abertas entre a unidade de produción teatral da Xunta coa escena lusa e da carteleira Quintas do Camoẽs. Con esta revisión do texto do dramaturgo e guionista estadounidense Arthur Miller, Nuno Cardoso continúa a súa investigación sobre os fundamentos da vida comunitaria, realizando un novo ensaio sobre a cegueira do home social.
  • A nova edición do ciclo 'Música con V de Vigo' reúne a grandes talentos da clásica e do jazz
    O Teatro García Barbón-Afundación acollerá o ciclo organizado por Vitruvia para o vindeiro mes de novembro (días 5, 6, 12 e 13) no que destaca a calidade da música e dos seus intérpretes. A apertura dos concertos correrá a cargo de Corrente do Golfo, enmarcado no world-jazz de orixe ibérica, que fusionará a cultura galega, española e cubana a través do produtor Alberto Conde e a cantante cubana Diana Darín. O mércores 6 de novembro será a quenda da música clásica co concerto De Bach a Glass da man de Paula Diz.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información