Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Dous artesáns galegos optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía 2024

Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán. Constan de cinco categorías, tres delas para proxectos de artesáns – Premio Nacional de Artesanía, Premio Produto e Premio Emprendemento – e dúas que recoñecen o labor de promoción por parte de entidades públicas e privadas.

En total, na edición deste ano participaron 80 candidaturas das que o xurado seleccionou 15 finalistas, tres para cada categoría de premios que son, Nacional de Artesanía, Produto, Emprendemento, Promociona Entidades Públicas e Promociona Entidades Privadas

Finalistas galegos

Nesta edición dos Premios Nacionais de Artesanía, Galicia volverá ter representación a través de dúas candidaturas. O torneiro de madeira Aitor Martínez, do obradoiro Aitor. (Tomiño), competirá polo Premio Emprendemento pola súa colección “Códigos del alma”. Este mesmo ano Aitor resultou galardoado na III edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny, na categoría Premio Joven Promesa, en recoñecemento ao seu talento, o que lle permitiu recibir un asesoramento por parte dun equipo de mentores durante seis meses. O seu produto baséase na utilización da materia prima sustentable e coa trazabilidade documentada a través da ferramenta FORTRA coa idea de poñer en valor a orixe e a materia da que se dispón no territorio.

Aitor Martinez forma parte de Artesanía de Galicia dende o ano 2022, ano no que resultou tamén finalista nos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Emprendemento. Nesta ocasión competirá polo Premio Produto xunto coa colección Piel de Mouro do ceramista Raúl Mouro (Asturias) e coa lámpada Eclipsis de Pròsper Riba Vilardell (Barcelona).

Por outra banda, o ebanista Fran Millán, do obradoiro Frouma Atlantic Wood (Ribeira), optará ao Premio Emprendemento, polo seu proxecto de creación de mobiliario artesanal con madeira de batea recuperada das rías galegas despois de máis de 20 anos no mar. É un dos novos talentos da marca Artesanía de Galicia da que forma parte desde o ano pasado e resultou gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023 por Noray.

Frouma é un proxecto no que se reivindican os oficios vinculados ao mar, a sustentabilidade e os produtos con identidade e alma galega. O seu traballo baséase nun modelo de produción sustentable no que recicla, reutiliza e repara materiais xa existentes como a madeira das bateas ou as redes de pesca. Fran Millán competirá polo Premio Emprendemento con Javier Reta Gallego e Myrte Sara Huyts, coa súa marca de sombrerería Maleza Hatmakers (Madrid); e con Laura Siles Ceballos, polo seu proxecto baseado na la do val de Karrantza "Mutur Beltz" (Biscaia).
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información