Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Apoio ás familias este curso no que por primeira vez a matrícula universitaria é gratuita
    O conselleiro de Educación visita a libraría Escolma na cidade de Pontevedra e confirma que "Somos a única Comunidade onde o acceso a todo o ensino é de balde, desde as escolas infantís ata a obtención dun título universitario ou de FP". Román Rodríguez detallou "a ampla batería de medidas en Galicia para facilitar a volta ás aulas aos fogares e promover a igualdade de oportunidades". Blíndanse as axudas para libros de texto e material escolar, un modelo do que se benefician 7 de cada 10 alumnos e que aforra máis de 100M euros ás familias.
  • Rap rural con Bewis de la Rosa e pop urbano con ALARIDO son as propostas desta semana en 'Atardecer no Gaiás'
    A artista Bewis de la Rosa, impulsora do rap rural, e o dúo galego ALARIDO subirán esta semana ao escenario de Atardecer no Gaiás. O ciclo de concertos ao aire libre, impulsado pola Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude a través da Cidade da Cultura, continúa este xoves e venres con dúas propostas multifacéticas, innovadoras e descaradas para bailar coa posta do sol. Os concertos serán ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con entrada libre e gratuíta.
  • O Titiriberia de Rianxo presenta a súa novena edición con 20 compañías en cartel
    O festival de monicreques tradicionais Titiriberia anunciou a programación completa da súa novena edición, que desenvolverá en Rianxo do 12 ao 18 de agosto. Desta volta, son 20 as compañías que compoñen a súa carteleira, que inclúe 30 funcións, ademais de obradoiros, mesas redondas e proxeccións. O programa deste ano, ademais de servir de escaparate para numerosas producións galegas, achega á nosa Comunidade outras interesantes propostas procedentes de República Checa, Portugal, Andalucía, Madrid e País Vasco. Viravolta Títeres, Títeres Alakrán, Teatro Airiños ou Trécola son outras das formacións galegas que representarán as súas últimas propostas na mostra, que inclúe dúas producións propias e sete coproducións.
  • Jake Bugg, Miles Kane, Teenage Fanclub ou Los Enemigos encabezan o cartel do Our Fest
    O OUR Fest vén de presentar o seu cartel para o vindeiro 14 de setembro. Esta nova edición incluirá, entre outros ao cantautor británico Jake Bugg, a icónica banda escocesa Teenage Fanclub, a banda británica de post-punk Yard Act ou a emblemática banda española Los Enemigos, entre outros. O festival que marca o peche do verán celebrarase no recinto de Expourense e centrarase no rock alternativo, o indie e a diversidade de estilos. Tamén está confirmada a presenza de Miles Kane, recoñecido polo seu traballo en The Last Shadow Puppets e a súa carreira en solitario e a banda galego-madrileña Caballo Prieto Azabache.
  • 'Atardecer no Gaiás' programa dez concertos ao aire libre en agosto que arrancan con Branko e Amoebo
    O ciclo Atardecer no Gaiás, impulsado pola Fundación Cidade da Cultura, segue en agosto con dez novas citas musicais para os xoves e venres do mes. Esta semana o público poderá gozar do directo do influínte DJ e produtor portugués Branko e do grupo galego Amoebo. Branko presentará o xoves 1 de agosto Soma, un disco que convocou a algúns dos mellores artistas de Portugal, como Dino D'Santiago, Carla Prata, Jéssica Pina ou Teresa Salgueiro —vocalista de Madredeus—, entre outros. Sumando todos eles, o que fora un dos fundadores de Buraka Som Sistema deu forma a doce temas de electrónica cálida, diversa e tremendamente bailable.
  • 'Cultura no Camiño' segue o seu percorrido por Galicia con 140 actuacións en agosto
    Cultura no Camiño, o circuíto de espectáculos en 88 concellos das rutas xacobeas, continúa o seu percorrido ata finais de agosto con 140 novas citas escénicas e musicais previstas durante todo o mes. Completarase así a 12ª edición desta iniciativa, que arrancou o pasado 15 de xuño para ofrecer este verán máis de 300 actuacións de circo, danza, maxia, música e teatro a cargo de 140 formacións artísticas galegas. A carteleira de Cultura no Camiño, que se enmarca na campaña CulturON da Consellería de Cultura, caracterízase polo seu enfoque familiar, para todas as idades e gustos, desenvolvendo a meirande parte das representacións ao aire libre.
  • As XXXIX Xornadas de folclore levarán a 16 concellos da provincia de Ourense música e danzas tradicionais de Colombia, México, Panamá, O Senegal, Serbia e Taiwán
    Foron presentadas as XXXIX Xornadas de folclore, unha iniciativa que, do 12 ao 21 de agosto, levará música e danzas tradicionais provenientes de agrupacións de Colombia, México, Panamá, Senegal, Serbia e Taiwán por 16 concellos da provincia de Ourense. As seis agrupacións, integradas por 182 artistas, percorrerán os concellos de Ourense, Allariz, A rúa, Bande, O Barco, O Carballliño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana e Xinzo de Limia. Este festival forma parte da campaña CulturON, que durante o verán ofrece unha media de 30 actividades diarias.
  • O ano 2026, obxectivo para acadar a declaración de Patrimonio Mundial para a Ribeira Sacra
    No mes de abril o Consello do Patrimonio Histórico (órgano de coordinación do Goberno central e as comunidades autónomas) daba a coñecer a decisión unánime de que a candidatura Ribeira Sacra sexa a proposta de España para a súa remisión á Unesco. Desde entón abriuse unha nova fase de traballo para cumprir con todas as directrices e elaborar a documentación definitiva para a unha primeira entrega o vindeiro mes de setembro e a seguinte en febreiro de 2025 no Centro de Patrimonio Mundial da Unesco de París. Alí será avaliado polos órganos consultivos antes da súa valoración no Comité do Patrimonio Mundial, que ten prevista a súa sesión para o segundo semestre do ano 2026.
  • A cuarta edición do evento Artesanía no Courel terá lugar do 7 ao 11 de agosto
    A cuarta edición do encontro Artesanía de Galicia no Courel, que ten o obxectivo de promover a formación e a divulgación dos oficios artesanais galegos e da marca Artesanía de Galicia, vaise celebrar entre os días 7 e 11 de agosto en diferentes localizacións de Folgoso do Courel e conta coa colaboración do concello e da Fundación Uxío Novoneyra. No programa de actividades inclúense sete cursos de iniciación en diferentes oficios como a ourivería, a cestería, o téxtil ou a carpintería -para os que é necesaria realizar unha inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia- así como nove obradoiros gratuítos e abertos a toda a cidadanía.
  • O Museo das Peregrinacións celebra os 25 anos das súas exposicións temporais
    Foi inaugurada a exposición 'Verba Volant, picta mantent. 25 anos das exposicións temporais' no Museo das Peregrinacións. Esta mostra fai un percorrido ao longo da programación expositiva sobre o Camiño e a cidade de Santiago, en concreto, e a revalorización do patrimonio galego, en xeral, que o museo leva a cabo dende o ano 1999, coincidindo coa celebración do Xacobeo 99. A mostra, que se poderá visitar ata o 27 de outubro, compendia un total de 117 pezas de máis de medio cento de artistas que integraron no seu día as 80 mostras expositivas que acolleu o museo durante estes 25 anos como, Peregrinacións no mundo, As outras Peregrinacións ou Patrimonio e Camiño.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información