Noticias
-
A segunda cita de Ópticas contemporáneas, o ciclo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propón ao público unha experiencia sonora e visual que reflexiona sobre cuestións actuais abordadas pola antropoloxía e as ciencias sociais. A saúde mental, a degradación do medio ambiente, as desigualdades extremas ou as violencias son algúns dos temas que traslada desde o coñecemento científico á práctica artística a orixinal proposta multimedia Mudar a pel, o venres 18 de outubro, ás 20,00 horas, no Museo Gaiás. Mudar a pel é resultado da primeira residencia de investigación e experimentación artística impulsada polo Instituto de Ciencias do Patrimonio e a Xunta de Galicia.
-
Do 21 ao 25 de outubro, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a vixésimo segunda edición desta cita, baixo o lema Existir é resistir. Ao longo da semana, o público poderá gozar de filmes como The teacher, da directora nomeada aos Óscar e gañadora do BAFTA, Farah Nabulsi; Insahallah Wallad, estreada mundialmente no Festival de Cannes de 2023 e primeira longametraxe do xordano Amjad Al Rasheddd; To a land unknow, do cineasta palestino Mahdi Fleifel, multipremiado con galardóns como o Premio da Paz da Berlinae, e The Old Oak, do prestixioso director británico Ken Loach que conta con varias filmacións premiadas internacionalmente, nas que predominan os temas sociais e políticos.
-
O seu labor foi recoñecido en 2023 cunha das Medallas Castelao, que distinguen as galegas e galegos polas súas contribucións singulares e por levar o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras. A esta distinción súmaselle a dos Premios da Cultura Galega na categoría de Letras en 2020. Tamén conta entre os seus recoñecementos co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, outorgado polo Ministerio de Cultura a Escarlatina, a cociñeira defunta, gañadora anteriormente do Premio Merlín e que, en 2016, pasaría a formar parte da Lista de Honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY). Ademais, tamén foi a obra coa que se levou o Premio Lazarillo de Literatura infantil, que volveu repetir con outros dous libros, converténdose na única autora na historia deste galardón que logrou este triplete.
-
O premio está dotado con 16.000 euros e recoñece a contribución que fan persoas ou entidades á cultura galega, como é o exemplo desta agrupación musical. O xurado, composto por representantes do Goberno galego, das catro deputacións, das universidades galegas, da Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Fundación Otero Pedrayo, destacou o percorrido da Coral Ruada e o seu traballo na promoción da música tradicional, con múltiples discos gravados, publicacións escritas ou diferentes actividades arredor da cultura.
-
A Xunta de Galicia xa executou o 100% dos fondos europeos recibidos para promover proxectos estratéxicos para o turismo vencellados ao Camiño de Santiago no marco do Plan nacional de sustentabilidade turística en destinos Xacobeo 2021. Un programa dotado de preto de 8,3 millóns de euros e que se inclúe no Plan Xacobeo NextGeneration deseñado polo Executivo autonómico. En concreto, o Plan nacional incluía o deseño por parte da Comunidade autónoma de proxectos tractores para o turismo, para o que a Xunta elaborou unha liña de axudas que impulsasen a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros vinculados ao Camiño de Santiago para dotalos de usos turísticos.
-
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas: Os premiados son Manuel Lourenzo en Letras, Xosé María Pérez Barro en Artes Visuais, Marta Pazos en Artes Escénicas, Joaquín Martínez en Música, Ficción Producións en Audiovisual, Julia Díaz en Lingua, Xosé Manuel González en Patrimonio Cultural, e o Real Club Celta de Vigo en Proxección exterior.
-
Pontevedra acolle por vez primeira o Certame Galego de Bandas de Música no que compiten 15 formaciónA Banda de Música de Arzúa será a encargada de inaugurar o encontro co seu espectáculo de fusión Rock á galega, proxecto mellor valorado no CreaSons 2024. A listaxe completa está composta pola Agrupación Musical do Rosal, Banda Escola de Música de Beade, Banda de Música Popular Airiños do Morrazo de Moaña, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música Unión Musical de Tenorio, Banda de Música Artística de Arcade, Banda Infantil de Lalín, Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, Banda Xuvenil da Unión Musical de Meaño e Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada.
-
Esta edición, que comezou onte, está coordinada polo multipremiado docente e ilustrador de libros infantís, Federico Fernández, e reúne a catro profesionais recoñecidos dentro do mundo da creación. No caso dos participantes de orixe galego está o artista polifacético Ramón Trigo (Vigo, 1965), e a ilustradora Pepa Prieto (Santiago de Compostela, 1989), que traballou para The New York Times e acaba de lanzar o seu primeiro cómic. En representación de Portugal participan a artista contemporánea Ana Almeida (Sintra, 1959), especializada na pintura en tea e na dixital, e Firoozeh Zadeh (Irán, 1987), profesional de orixe persa que pinta con diferentes materiais e sobre diversos soportes.
-
Foron presentadas as XXVI Xornadas de homenaxe ao autor Ramón María del Valle-Inclán que se celebran na Pobra do Caramiñal desde este domingo ata finais de mes. Trátase dunha ampla programación que inclúe a celebración dunha quincena de actividades diversas para lembrar, homenaxear e poñer en valor a traxectoria de Valle-Inclán a través de propostas como conferencias de divulgación científica, presentacións de libros, espectáculos de narración oral, obras teatrais, actividades plásticas, exposicións ou sesións de monicreques.
-
O CGAC reunirá a preto dunha decena de profesionais do audiovisual de España e Portugal co gallo da inauguración de Novos Imaxinarios, a nova mostra do museo compostelán comisariada polos artistas Nicolás Combarro e Miguel Ángel Delgado, na que se afonda na creación cinematográfica máis recente. Como parte da programación da exposición, o CGAC acollerá desde o sábado un acto de conversas no que, moderados por Pela del Álamo, Alberte Pagán e os propios comisarios da mostra, participan os artistas Isaki Lacuesta, que representará a España na carreira polos Oscar co seu filme Segundo Premio, ou Oliver Laxe, multipremiado director pola largometraxe 'O que arde' no Festival de Cannes, no Festival Internacional Mar del Plata e nos premios Goya e Feroz.