Notas
-
O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller O actor de circo, por un adestramento creativo, a cargo do italiano Roberto Magro.
-
A 3ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2018, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 23 e 24 de novembro 2018. A terceira edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Alicante, Valencia, Santander, Zaragoza, Murcia, Albacete, Sevilla, Portugal, México, Costa Rica, etc.
-
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu a presentación de “Todos tenemos un muerto”, terceira novela do médico santiagués afincado en en Lugo, Francisco Javier Neira Pampín, editada por GaliciaDigital, escrita cunha prosa áxil, con todos os ingredientes do xénero policíaco e na que non falta o seu toque de humor persoal.
-
Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos.
-
Coa intención de reforzar o histórico papel de Francia na peregrinación a Compostela, a Consellería de Cultura e Turismo participou en Saint-Jean-Pied-de-Port na reunión da Asamblea Xeral da Federación Francesa de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, entidade na que están integrados máis de 40 colectivos xacobeos.
-
A banda María Fumaça, capitaneada por Uxía, será a convidada este sábado na gala final do Quero Cantar en que se decidirán os grupos gañadores na modalidade de infantil e xuvenil da terceira edición do certame musical da Deputación da Coruña. A coñecida banda dará inicio á festa interpretando as cancións que máis populares se fixeron nos últimos anos entre as nenas e os nenos galegos.
-
O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, presidiu en San Xerome o acto de entrega de diplomas da segunda edición dos premios á excelencia do alumnado da USC en destinos internacionais e de promoción da USC nesas universidades. Os premiados son os que obtiveron a nota media máis alta dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente.
-
O Esmorga Fest, a cita que reúne a todos os amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, volve un ano máis a Sarria (Lugo). Xa se adiantaron tres dos grupos que formarán parte do festival. Toundra, Perro e Ànteros son as primeiras bandas dun cartel que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia e que promete manter a liña ascendente que amosou desde a súa orixe.
-
Hoxe, en Santiago, presentarase NO PERFIL DAS VERBAS, poemario de Baldomero Iglesias-Dobarrio (Mero), con debuxos de María Guerrero Rico. A presentación efectuarase ás 7,30 da tarde, na Libraría Couceiro, e nela participarán, ademáis do autor, Alfonso Blanco Torrado (Editor), David Otero, Pilar Sampedro e Xulio Xiz, aos que acompañarán a debuxante, María Guerrero, o gaiteiro Raul Galego, e o escultor Xosé Val Díaz-Valdi.
-
O próximo 19 de novembro terá lugar a entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Fundación Cidade da Cultura, para favorecer a creación de novas empresas no eido das industrias culturais e creativas, e que contan co patrocinio de Afundación e a colaboración do Igape. Os gañadores daranse a coñecer nun acto no que tamén participará a escritora e divulgadora Elsa Punset.