A mostra fotográfica 'Camiño' achega a visión poética de Yasuhiro Yotsumoto

O ‘Camiño’ alberga unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo Andrés de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o ‘Camiño’ como parte da procura íntima no seo da natureza. A exposición pode visitarse en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Universidade de Santiago de Compostela