Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Un libro para celebrar a obra de Ramón Villares
    A presentación do libro 'Senderos de la historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural' serviu para homenaxear no Paraninfo ao catedrático de Historia Contemporánea e ex reitor da USC, Ramón Villares, co gallo do seu 70 aniversario. A obra rende homenaxe á figura de Villares como primixenio historiador agrario que desenvolveu dende Compostela toda unha escola de estudos neste eido do coñecemento “sobre bases sólidas e duradeiras”.
  • 'Voilà la Femme' reúne seis reflexións sobre cuestións de xénero forxadas en Belas Artes
    Achegarse “á arte de seis mulleres, que desde múltiples linguaxes” formulan nos seus proxectos unha reflexión “en torno a cuestións sociais e de xénero diversas”. Isto é, segundo destaca a súa comisaria, Celeste Garrido, o que propón a XXVII edición da exposición colectiva Voilà la Femme, que desde este martes pode visitarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín.
  • O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual de Feira do Leste consolídase coa terceira edición
    A compañía viguesa Feira do Leste vén de publicar as bases da terceira edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual. Un proxecto que procura dar maior visibilidade aos novos dramaturgos galegos a través da edición e publicación da obra nun volume con obras doutros autores galegos que están a destacar actualmente polo emprego de novas linguaxes e temáticas.
  • A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano con máis de 400 actividades e 202 entidades participantes
    A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) desenvolveu ao longo do ano 2020 un importante labor na visibilización e extensión do uso da lingua galega que se materializa en máis de 400 accións de promoción do uso social de idioma desenvoltas nas súas entidades, cun importante investimento que ascendeu a máis de 900.000 €, gran parte deles xestionados desde o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
  • O Xacobeo 2021 comezará cun acto videomusical que se proxectará en 16 países e que será retransmitido en streaming e pola TVG
    A retransmisión chegará a 16 países de Europa e América como Italia, Portugal, Holanda ou Arxentina, grazas a colaboración de Turespaña, a través de pantallas na praza do Gran Sablón en Bruxelas, na praza do Doumo en Milán, a de Pistoia, na Haia ou en Bos Aires. Ademais, a Televisión de Galicia retransmitirá todo o acto, a través do sinal convencional e da súa canle de Youtube.
  • Entregados os Premios Artesanía de Galicia 2020
    Os Premios Artesanía de Galicia 2020 serven para visibilizar un ano máis a mellora continua no labor dos artesáns galegos. Este certame busca contribuír a poñer en valor o sector, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar a remuda xeracional.
  • Clausurada a mostra 'Don Ricardo de Fingoi' na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo
    A exposición 'Don Ricardo de Fingoi' foi clausurada na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz; a deputada autonómica Elena Candia, e o alcalde do Concello de Mondoñedo, Manuel Otero, así como de outros membros da corporación. No acto participaron os netos do homenaxeado, Faustino e Margarita Cela Carballo-Calero, acompañados das súas familias.
  • A Fundación Fraguas e o Museo do Pobo presentan 'Os animais de Fraguas'
    A Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego dan ao prelo a obra 'Os animais de Fraguas', texto do polígrafo cotobadés ata o de agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais. O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da fundación, Xusto Beramendi, presentárona acompañados por Miguelanxo Prado (ilustrador), Kiko da Silva (director artístico) e Fuco Sangiao (coordinador editorial).
  • Milleiros de persoas seguiron as actividades do Festival Rebulir 2020
    Deuse peche a XV edición do Festival Internacional Rebulir, unha edición marcada pola adaptación da programación a Pandemia derivada da COVID-19. Foron catro días que incluiron obradoiros, concertos, animacións, exposicións... nun marco virtual ou con distanciamento suficiente. A Dirección do evento ven de destacar o alto grado de seguemento e interese mostrado a través das redes.
  • Seis días de teatro en Ourense para que o público infantil poida 'respirar' este Nadal
    En tempos de pandemia e restricións, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti) volve á programación co lema “arte para respirar”. O certame, que celebra este ano a súa 17 edición, traerá este Nadal a diferentes escenarios da cidade 17 representacións de 13 compañías estatais. Con algo menos dun terzo do seu aforo habitual e apostando por uns espazos culturais “seguros”, a cita terá lugar o día 22 e do 26 ao 30 de decembro e un ano máis entre as súas entidades promotoras está a Universidade de Vigo.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 53
  • 54
  • 55
  • 56
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • 61
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información