Notas
-
O Camiño de Santiago rexistra bos datos unha vez superadas as restricións pola pandemia, como o demostra o feito de que só na primeira fin de semana de abril se rexistraran máis peregrinos que en todo o mes de abril do ano pasado. De feito, entre o día 1 e 4 do mes de abril recolleron a Compostela algo máis de 1.600 peregrinos, cando en todo abril do 2021 rexistráronse pouco máis de 1.000.
-
O Festival Internacional de Cinema de Tui Play-Doc anuncia o peche da súa convocatoria para a recepción das películas que formarán parte dos programas competitivos da súa próxima edición. As películas seleccionadas poderán optar aos tres premios que outorga o festival nas súas categorías de longametraxe, curtametraxe e premio Galicia. A súa programación completarase cun rico programa de actividades paralelas como concertos ou roteiros cinematográficas.
-
A figura de Álvaro Ruibal percorre o xornalismo do Estado español no século XX. Unha mostra bibliográfica no Colexio de Fonseca recolle ata o vindeiro 27 de maio parte da que foi a súa biblioteca, artigos en prensa e correspondencia mantida ao longo dos anos, dando conta da súa ampla e rica traxectoria. A carreira de Álvaro Ruibal (Santiago, 1910 - Barcelona, 1999) comeza moi cedo facendo colaboracións na prensa local de Compostela. Os estudos universitarios —Matemáticas e Arquitectura— levárono a Madrid ao comezo da década dos trinta.
-
Nove estudantes de cinco titulacións diferentes e procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo reúnense cada fin de semana na Cidade da Cultura para traballar conxuntamente no deseño do primeiro nivel dun videoxogo inspirado na novela ‘Arnoia, Arnoia’, de Xosé Luis Méndez Ferrín. Ao longo deste mes de marzo, desenvolveuse a residencia artística ComTecArt, no marco da segunda edición das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA).
-
O xurado do premio Celanova Casa dos Poetas, logo de teren deliberado sobre as propostas internas presentadas e valoradas as súas traxectorias na defensa da cultura galega e de Galicia, por unanimidade acordou concederlle o XXXVIII Premio Celanova Casa dos Poetas a Luz Casal, por unha longa traxectoria musical que cumpre agora as catro décadas e que a ten convertido nunha das voces femininas de maior prestixio internacional da música española.
-
É unha das meirandes voces da Poesía hispánica contemporánea e practicamente un clásico en vida despois de que gabasen a súa obra autores como J.R. Jiménez, Cortázar ou José Bergamín, ademais de contar no seu extenso palmarés co Premio Reina Sofía e o mais o Premio Cervantes. Nunca antes pisara terras galegas; pero agora, o mesmo ano en que fará 99 anos, Ida Vitale (Montevideo, 1923) chegará a Galicia da man de POETAS DI(N)VERSOS.
-
Faleceu en Lugo Daniel Pérez Pereira (Danip), mestre e artista gráfico, que naceu en Lugo o 17 de abril de 1934, de familia con raices no concello de Baleira. Bacharelato e carreira de Maxisterio estudounos en Ourense, onde seu pai fora destinado. En Viana do Bolo coñeceu á súa muller, Rosita González Pérez, coa que levaba casado 59 anos. Vocacionalmente mestre, exerceu en diversos destinos, mesmo nos E.E.U.U., onde puido ensinar na Universidade, pero prefiriu o Maxisterio e Galicia para afincarse.
-
Alumnado das materias de Literatura e Arte e de Literatura Infantil e Dramatización que imparte a profesora Rocío G. Pedreira na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC dan vida á nova bitácora de literatura infantil ‘Petiscando libros’, un repositorio virtual a través do que se ofrece á sociedade unha cada vez maior relación de títulos, clasificados en función da temática que tratan.
-
A cultura atlántica, esencialmente marítima e mariñeira, é fornecedora dun patrimonio inmaterial moi importante. Recuperalo, protexelo e dinamizalo é o principal obxectivo do proxecto Atlantic CultureScape, unha iniciativa na que están implicadas seis rexións do arco atlántico: Galicia, Cantabria, Andalucía e Río Maior en Portugal así como zonas de Gales, Irlanda e Irlanda do Norte.
-
Como 'unha reflexión sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura' presenta o artista Juan Fernando de Laglesia a exposición que inaugura no Espazo Nemonon. 'Postbabel. Cidades Lámparas Animales' é o título dunha mostra na que reúne as súas interpretacións de cinco urbes: desde o deseño dunha cidade ideal de Leonardo da Vinci á proposta dunha 'cibercidade' do arquitecto ruso Igor Orlov.