Notas
-
Fomentar unha reflexión académica en torno á performance é o propósito central do Congreso Internacional de Arte de Acción Fugas e Interferencias, que o grupo de investigación PE4 Imaxes e Contextos, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
-
Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra ‘Valle-Inclán íntimo’, inaugurada este xoves 9 no Colexio de Fonseca e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.
-
O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) que abrangue dende 1975 ata a actualidade, ten como obxectivo fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica ou comunicativa, entre outras. A versión 4.0 presentada este xoves, consta de 43.162.364 palabras ortográficas (51.451.088 elementos gramaticais).
-
O programa Residencia Paraíso para o impulso da investigación e a creación no ámbito da danza contemporánea a as artes vivas acaba de abrir a convocatoria da súa sexta edición. Comeza así o proceso de selección dun máximo de oito proxectos para desenvolver outras tantas estadías artísticas, así como o encontro anual que terá lugar do 23 ao 25 de setembro na Illa de San Simón.
-
O neurobiólogo e profesor emérito da Universidade Autónoma de Barcelona, Ramón María Nogués, será o encargado de pronunciar o relatorio inaugural do ciclo de conferencias que abordarán o vínculo entre ciencia, cultura e relixión, iniciativa en cuxo impulso toma parte, entre outros, o profesor emérito da USC e ex reitor, Carlos Pajares.
-
Desde as obras galardoadas nos seus inicios, hai preto de dúas décadas, ata a peza recentemente recoñecida na súa 18 edición, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle un percorrido pola historia dos Premios de Creación Artística da Universidade de Vigo, na súa modalidade de pintura. A exposición 'A complexidade do rectángulo', que poderá visitarse ata o 4 de abril, constitúe a primeira mostra retrospectiva sobre a traxectoria destes premios de pintura.
-
A USC e a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaborarán nun proxecto dixital que, apoiándose nas tecnoloxías, busca avanzar no estudo do neofalantismo. Esta iniciativa desenvolverase ao longo de tres anos e consta de tres fases coas que se pretende impulsar e valorizar o neofalantismo e as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía.
-
Ausencias, Esencias, Presencias é o título do proxecto seleccionado na modalidade de comisariado da convocatoria de intervencións artísticas para a Zona C, un espazo expositivo do Concello de Santiago de Compostela que este mércores abre a súa programación para este 2022 cunha mostra ideada e protagonizada por alumnas de Belas Artes.
-
Do 1 ao 22 de febreiro, celebrarase no Paraninfo da Universidade o IV Ciclo Novos Talentos Musicais, unha actividade desenvolvida pola Asociación Compostela Sound e a Universidade de Santiago de Compostela para a promoción de intérpretes menores de 31 anos, que teñan orixe galega, residan en Galicia ou cursen estudos nalgúns dos centros de música desta comunidade.
-
Esta obra, que ten como finalidade contextualizar e dar a coñecer dunha maneira divulgativa os feitos que decorreron na fortaleza de Caldaloba ou Vilaxoán e que supuxeron a fin da existencia efectiva do Reino de Galiza, insírese nunha serie de accións e actividades que veñen desenvolvendo máis de vinte entidades da Terra Chá e concellos limítrofes, sob a lenda “Caldaloba.