Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Festival Internacional de Cinema Play-Doc de Tui celebrará a sua XVIII edición do 4 ao 8 de maio

A 18 edición de Play-Doc, que se celebrará do 4 ao 8 de maio na localidade pontevedresa, acollerá primeiras retrospectivas españolas, europeas e internacionais, non só de cineastas de culto e verdadeiras lendas do cinema documental, senón que tamén contará con estreas destacadas do cinema contemporáneo actual e da produción galega máis recente.

A súa programación completarase cun rico programa de actividades paralelas como concertos ou roteiros cinematográficas polo centro histórico da cidade e unha serie de actividades de formación que inclúen seminarios, charlas, obradoiros e clases maxistrais.

I Seminario de crítica cinematográfica en formato podcast

Organizado en colaboración coa revista dixital, A Cuarta Parede, Play-Doc acollerá un seminario dirixido a todos aqueles que desexen aprender sobre crítica cinematográfica. Nesta ocasión, o curso pretende explorar un dos formatos de comunicación máis consumidos actualmente, o podcast, que nos últimos tempos experimentou un auxe sen precedentes.

A actividade, que contará cunha parte teórica e outra práctica, terá lugar o 7 e 8 de maio, dentro do marco do festival, e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender as nocións e ferramentas básicas para elaborar pezas sonoras de análises fílmico neste formato.

O seminario será impartido por Mariona Borrull, recoñecida crítica de cinema e televisión, e por Cibrán Tenreiro, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais na Universidade de Santiago de Compostela.

A matrícula abrirase o vindeiro martes 5 de abril ata o 3 de maio. As persoas interesadas deberán escribir un correo a Info@acuartaparede.com co asunto “Seminario PlayDoc”. O prezo da matrícula é de 25 euros. Todos os rexistrados contarán cunha acreditación gratuíta para asistir a todas as proxeccións do festival.

O Imaxinario da Fronteira: Obradoiro de cinema comunitario

Play-Doc propón un obradoiro audiovisual para reflexionar sobre o concepto de fronteira e convida a veciños e veciñas da comarca para realizar pequenas películas nas que reflexionen sobre a súa propia relación e experiencias coa fronteira, ben sexa como espazo físico, emocional ou metafórico.

Este obradoiro será impartido por Eloy Domínguez Serén, recentemente premiado coa Biznaga de Prata á mellor curtametraxe na pasada edición do Festival de Cinema de Málaga polo seu primeiro proxecto de ficción Rompente. A carreira de Domínguez conta cunha notable traxectoria internacional, na que destacan títulos como Hamada ou No cow on the ice.

Ao longo do mes de abril os e as participantes realizarán pequenas películas de curta duración. Durante todo o proceso contarán co seguimento e o asesoramento do cineasta Eloy Domíniguez Serén e as pezas audiovisuais resultantes presentaranse dentro do marco da celebración de Play-Doc.
A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o 14 de abril. Todos aqueles que desexen participar deben enviar un correo co asunto ‘Taller Play-Doc’ a produccion@play-doc.com.
Festival Internacional de Cinema Play-Doc

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información