Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Convocado o 'IV Concurso de Podcasts-Radio na Biblio', centrado na figura de Florencio Delgado Gurriarán
    Convocado o IV Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que este ano se centra na figura do poeta, articulista, tradutor, editor, activista cultural e político no exilio Florencio Delgado Gurriarán. O obxectivo do certame é estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos en galego, reforzar a lectura de poesía nesta lingua ou o achegamento ao mundo da edición, da tradución e da cultura galega en América.
  • O Encontro Universitario de Danza retorna ao Vello Cárcere de Lugo con creacións de catro compañías
    O Encontro Universitario de Danza da USC regresa ao Vello Cárcere de Lugo na súa vixésima edición coa presentación os días 21 e 22 de abril de catro intervencións artísticas interpretadas polos integrantes das compañías Danza USC-Compostela e Danza USC-Lugo, ligadas ao Espazo de Danza da USC e das formacións SanTango e D-ou-tras, da Universidade de Vigo.
  • O XXVIII Festival de Teatro Universitario presenta en Lugo as propostas artísticas de cinco compañías do 18 ao 30 de abril
    A vixésima oitava edición do Festival de Teatro Universitario, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, reúne no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo cinco compañías universitarias do 18 ao 30 de abril no marco dun ciclo no que o público presente poderá participar en coloquios cos actores e actrices ao remate de cada función.
  • O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira estrea a súa nova web abrindo o Concurso Runas 2022 para grupos noveis
    A 23ª edición desta iniciativa musical destinada a promocionar novos valores da música Celta, será o primeiro concurso que acolla a renovada web do Festival. O Concello de Ortigueira tamén enfocará nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento a nivel mundial. Renovará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 20 de maio.
  • Pontevedra recupera a Mostra de Teatro Universitario
    Doce anos despois da súa última edición, a Mostra Internacional de Teatro Universitario retorna a Pontevedra. Promovida pola UVigo coa colaboración do Concello, esta mostra desenvolverase entre os días 20 e 28 de abril no Pazo da Cultura, onde poderán verse as montaxes realizadas nas aulas teatrais dos tres campus da Universidade, entre as que se atopa Nosa señora das nubes, coa que se estrea a impulsada no presente curso no campus de Pontevedra.
  • Presentada a XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar en maio
    A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará esta edición na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento. Este ano Cans programará unha retrospectiva de gran nivel, como é a do cineasta portugués João Nicolau, un dos expoñentes máis brillantes do novo cinema portugués.
  • Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, presenta catro retrospectivas inéditas en España
    Nunha traxectoria que en breve abarcará dúas décadas, o festival tudense destaca por presentar primeiras retrospectivas en España, dedicadas tanto a recoñecidos directores e figuras lendarias do cinema documental, como a outros moitos cineastas esquecidos, censurados, perdidos ou sinxelamente descoñecidos. Este labor de recuperación, redescubrimiento e reivindicación volve estar fortemente presente nesta próxima edición, que se celebrará do 4 ao 8 de maio en Tui.
  • Lugo Cultural mantén a súa 'oferta diversa' nunha edición que se achega máis á comunidade universitaria
    O concerto de presentación do último traballo de Berto abre o abano de “actividades diversas” programadas ao abeiro da vixésima oitava edición do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa froito da colaboración entre a USC co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, que nesta edición pretende achegarse un pouco máis á comunidade universitaria coa celebración de máis actuacións nos centros universitarios.
  • A UDC organiza unha xornada para afondar sobre a investigación galega no eido da transición dixital na cultura e o patrimonio
    O Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), organiza a xornada 'Cultura Dixital: capacidades, retos e oportunidades no Sistema Ciencia-Tecnoloxía de Galicia', que terá lugar o venres 22 de abril no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
  • Arquitectura e espiritualidade danse a man na exposición 'O Silencio de Deus'
    'Os meus procesos creativos e vitais están unidos, sempre nunha investigación constante de técnicas e medios'. Estas verbas do artista Xosé Luís Otero definen a mostra 'O Silencio de Deus' na que o creador propón unha hibridación entre exposición e instalación, enlazando a arquitectura e a espiritualidade da Igrexa da Universidade a modo de reflexión entre o humano e o espiritual.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información