Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Queremos Galego convoca unha manifestación o 17 de maio co lema: O idioma é a vida

Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”.

O lema escollido para esta convocatoria é “O idioma é a vida” recollendo un verso do coñecido poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano.

O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pla Normalización Lingüísitica, Marcos Maceira, lembrou a participación habitual de Manuel María en todas as accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país e o seu compromiso con moitas causas xustas, nomeadamente a da lingua galega. Por isto “a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.

“O acto final será unha mostra masiva da alegría e do orgullo que temos como pobo por contarmos con lingua propia, que está viva grazas ao traballo e o compromiso, practicamente en solitario, da propia sociedade, malia a actitude tantas veces hostil dos gobernos da Xunta e do Estado e mesmo dos tribunais, como evidenciou recentemente o TSXG. Festexaremos, ademais, 100 anos de defensa continuada da normalidade para o galego”, sinalou Maceira, en referencia ao centenario da creación das Irmandades da Fala.

A manifestación deste ano prodúcese nun contexto no que o decretazo contra o galego, que impuxo Feixó en solitario e sen ningún apoio, está absolutamente morto e deslexitimado, como lembrou recentemente o Consello de Europa, polo que Maceira instou novamente ao presidente Núñez Feixó a que dea, por fin, os pasos necesarios para contarmos cun novo decreto para o ensino en galego, comezando por eliminar os artigos do decreto que prohiben o uso do galego.

“O goberno de Feixó ten a responsabilidade de velar polos intereses de Galiza, quen ataca a lingua de Galiza, ataca os intereses de Galiza, a vida de Galiza, a súa capacidade para desenvolverse plenamente. A lingua propia une e fortalece. Feixó ten un compromiso legal coa lingua, mais tamén moral como presidente da Xunta”, afirmou o portavoz de Queremos Galego. Por iso, indicou, ten a obriga de pechar a porta que abriu, e o TSXG, nunha sentenza ideolóxica e sumpremacista, acaba de cruzar”.

Maceira lembrou que en xullo do ano pasado o Partido Popular asinou a declaración de unidade a prol da lingua galego, asumindo un compromiso, xunto a outras moitas organizacións políticas, de combater prexuízos e aplicar todos os acordos arredor da lingua, “sen que aínda hoxe visemos nin unha soa acción favorábel ao dereito a vivirmos en galego”. Por iso considerou que “a lingua galega ten que regresar ao debate político para, entre todos, falarmos de como recuperar os espazos onde debe estar, non para o contrario”.

A Plataforma Queremos Galego salientou ademais que “todos os avances para a lingua galego foron conquistas da sociedade. As irmandades da fala foron a primeira mostra da necesidade de organizarse e mobilizarse para conseguir avances. Facemos un chamado a todas as persoas que aman Galiza, que aman a nosa lingua, que queren avances para ela, posibilidades de uso e accións públicas qeu permitan instalarse no galego con total liberdade a quen non o fala, sen estigmatización, sen desprezos”.
Gabinete de Comunicación de Queremos Galego

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información