Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • De Vacas tocará coa brasileira Maria Gadú no Territorio das Mulleres
    O concerto está programado para o sábado 22 de xullo, a partir das 21:00 horas, na praza 8 de Marzo. O grupo De Vacas actuará coa artista brasileira Maria Gadú, que fai unha parada en Compostela despois da súa xira por España, que incluíu concertos en Madrid e Barcelona. De Vacas é un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces.
  • Volve a Rede de Música ao Vivo con Caxade, Eladio y los Seres Queridos, Alfredo García Quintet e Los Mecánicos
    A nova programación semestral reúne 32 formacións de todos os estilos musicais nun circuíto de espazos que suma 5710 localidades. Agadic levará a cabo ata decembro 109 concertos e 2 actuacións de maxia en 31 locais asociados de 20 localidades. A carteleira está composta maioritariamente por solistas e bandas galegos.
  • Un espectáculo musical galego-cubano con Alejandro Vargas e Rosa Cedrón recorda ao compositor Chané
    Unha selección de músicos de varias nacionalidades, liderados polo pianista cubano Alejandro Vargas, xunto coa voz de Rosa Cedrón, ofrecerán una visión nova e libre de prexuízos das populares músicas dun dos compositores imprescindibles da historia da música galega, Chané, coincidindo co centenario do seu pasamento.
  • Carlos Núñez retorna a música medieval a Oseira, Santo Estevo e Montederramo cos instrumentos do Pórtico do Paraíso
    O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o músico presentaron en San Pedro de Rocas os tres concertos que Núñez ofrecerá os días 27,28 e 29 de xullo. Os eventos, enmarcados na iniciativa “A tradición medieval”, teñen como obxectivo poñer en valor os instrumentos do Pórtico do Paraíso, para o cal, nos concertos utilizaranse réplicas dos instrumentos que aparecen nesta xoia escultórica da catedral de Ourense.
  • A RAG e a Xunta abordan posibles colaboracións en materia de toponimia
    Víctor F. Freixanes subliñou a riqueza patrimonial que supón a copiosa toponimia galega, e apostou por establecer un marco plurianual de colaboración entre a RAG e a Xunta de Galicia que sexa ambicioso e que aborde tamén a toponimia menor, que abrangue o nome de veigas, vales, regueiros, montes, penedos, camiños ou fontes.
  • Galicia incorpórase ao Real Padroado da Biblioteca Nacional de España en representación das comunidades
    O acordo aprobouse durante a reunión plenaria da Conferencia Sectorial de Cultura, que contou coa participación de Anxo Lorenzo. Na xuntanza, a Consellería de Cultura tamén confirmou a súa participación nun proxecto de cesión de fondos bibliográficos para enriquecer a colección da Biblioteca de Galicia con preto de 30.000 volumes.
  • Peripheral Visions / Global Sounds analiza a explosión creativa galega do posfranquismo
    O libro, do catedrático galego da Universidade neozelandesa de Auckland José Colmeiro, foi presentado na Secretaría Xeral de Política Lingüística. Valentín García considerouno unha mostra do crecente interese internacional pola lingua e a cultura galegas, ao que contribúe a Rede de Centros de Estudos Galegos.
  • O CDG publica a tradución das pezas literarias de Valle-Inclán 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán'
    Os dous textos traducidos por Manuel Cortés para o espectáculo teatral do CDG Martes de Carnaval conforman o segundo volume da colección O papel do teatro. Está coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas e pódese atopar xa á venda na Libraría Institucional da Xunta de Galicia e nos principais establecementos.
  • Cerca de 200 niños y niñas de Abanca ReSuena disfrutan de un ensayo muy especial con Gustavo Dudamel
    El maestro les transmitió la importancia de esforzarse por alcanzar sus sueños y disfrutar con lo que hacen. El director visitó el CEIP Alborada de Elviña, uno de los núcleos del proyecto que desarrolla con la Orquesta Sinfónica de Galicia con el apoyo del banco. 186 estudiantes le demostraron las habilidades adquiridas en las clases.
  • O Festival Sinsal 2017 esgota todas as entradas para os concertos do 21 ao 23 de xullo na Illa de San Simón
    Celebrarase do 21 ao 23 de xullo na Illa de San Simón e, aínda que o cartel mantense en segredo, a organización anuncia que un 90 por cento dos seus artistas actuará por primeira vez en Galicia. Os 20 concertos programados van do folk á electrónica, pasando pola revisión da tradición e a psicodelia.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 126
  • 127
  • 128
  • 129
  • 130
  • 131
  • 132
  • 133
  • 134
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información