Inaugurada a mostra da XXVIII edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán
A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle a mostra de pintura coas 13 obras presentadas á XXVIII edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha cita imprescindible cada Nadal que se enmarca no amplo programa de actividades ao abeiro do Belén de Begonte, evento declarado de interese turístico galego.A inauguración contou coas intervencións do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión, do promotor da mostra, Xulio Xiz e do alcalde de Begonte, José Ulla. O certame está organizado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán que tamén convoca outros concursos de poesía, de xornalismo e de debuxo entorno a Begonte e, en xeral o Nadal en Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia


