O CDG aposta de novo por Valle Inclán cunha nova obra en galego en 2018
Cómpre destacar que esta nova representación súmase á posta en marcha o ano pasado con Martes de Carnaval, que realizou 33 funcións en 11 teatros de Galicia e Valencia, concretamente no Festival Tercera Setmana. As diferentes representacións congregaron a preto de 6.000 espectadores.Durante a súa intervención no acto de homenaxe, Román Rodríguez recordou a Valle-Inclán como “un referente canónico da cultura galega, española e mesmo mundial”. O conselleiro animou a relembrar o legado de Valle-Inclán, posto que na actualidade está considerado como “un dos grandes renovadores da novela do século XX e a máxima figura, xunto con Lorca, do teatro español contemporáneo”.
No acto tamén participaron o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia


