Manuel Bonome naceu o 14 de maio de 1926 en Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña).
É un dos artistas galegos máis representativos. Naceu na rúa Garcia Prieto, parroquia da Nosa Señora da Mercé de Conxo, que na actualidade se converteu nun dos barrios de maior...
Toubes, Xavier
General

Francisco Javier Toubes Vilariño naceu en A Coruña en 1947.
CURRÍCULUM
1967. Comeza a traballar no Banco Exterior de España en Avilés.
1969. Marcha a Londres, onde traballa no mesmo banco ate 1974.
1970. Cofundador do Grupo de Traballo Galego en Londres.
1974-1977. Estuda no Goldsmiths’ College University of London.
1978. Traballa en Winchcombe Pottery, Gloucestershire. Marcha a Nova York a mediados do 78 ate o verán do 79, para comenzar, a partires desa data, un período de residencia no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos. Recibe o Master of Fine Arts polo New York State College of Ceramics at Alfred University 1980-83.
1983-1993. É professor de Arte na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill.
1989. Activa a creación do European Ceramic Work Centre (EKWC) en ‘s-Hertogenbosch e durante dous anos reside entre os Paises Baixos e Chapel Hill.
1991-1999. Director artístico do EKWC.
Dende 1999, é professor de Arte na School of the Art Institute of Chicago.
EXPOSICIÓNS
Dende finais dos 70 expón con frecuencia o seu traballo escultórico e pictórico en Europa, nos Estados Unidos e en Asia.
PREMIOS
1983. Recibe unha bolsa do Ministerio de Cultura.
1986. Outórganlle o National Endowment for the Arts Fellowship, premio nacional en Estados Unidos, e o Artist Fellowship do North Carolina Arts Council.
1988. Individual Artist Fellowship do Southeastern Center for Contemporary Art.
1993. Obtén o primeiro premio da Bienal Europea de Cerámica no Museu de Cerámica de Manises.
1995. Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Plásticas.