Pasar al contenido principal

López, Noemí

General

Categorías: 
Ilustración

Noemí López Vázquez naceu en Lugo o 22 de novembro de 1974.

CURRÍCULUM
Leva practicamente toda a súa vida en Lugo onde se formou como deseñadora gráfica, decantándose pola ilustración. No campo do deseño gráfico traballa fundamentalmente o cartelismo, tras ter gañado algún certame.
Paralelamente comezou a facer ilustracións para outros soportes como xornais e revistas, e pouco despois, a ilustrar libros de literatura infantil e xuvenil, así como libros de texto, libros de natureza, cubertas de libros, catálogos, soportes multimedia, deseño de escenografía, etc...
Como ilustradora ten participado en diversas charlas e sesións-obradoiros de fomento para a lectura, e exposicións colectivas sobre ilustración.
Dende o ano 1999 ata o ano 2003 formou parte como vocal ilustradora da directiva de Gálix (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil).
Traballou como debuxante de animación despois dun periodo de formación en Limaía Produccións. Actualmente continúa a desenrolar paralelamente á ilustración, proxectos dentro do mundo dos debuxos animados, e deseño de escenografía para teatro.

PREMIOS
Premio Cartaz de Festas “San Froilán 94”, Lugo.
Premio Cartaz de Festas “San Froilán 98”, Lugo.
Premio Cartaz de “Entroido 99”, Lugo.
1996. Premio Extraordinario Fin de Carreira, na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo.

EXPERIENCIA LABORAL
Carteis e Folletos para o Concello de Lugo:
Mostra de Teatro Infantil (anos 95, 96, 97, 98, 99, 02 e 03).
Actividades de Verán 96.
I Mostra de Teatro Clásico 2001.
Teatro en Galicia 2002.
Vive a Música 2002.
Folleto Nadal 2002 e 2003.
I Goberno Municipal Infantil.
Torneo de Nadal de Xadrez 2003.
Muralla matemática 2004.
II Semana da Oralidade.
Elixe a túa Noite 2004.
Carteis e Folletos para a “Consellería de Familia, Muller e Xuventude”: Certame Galego de Teatro (anos 95, 96 e 97).
Realización de Imaxes Corporativas para diferentes establecementos comerciais.
Deseño de Cubertas para os libros Trisquel de matemáticas (ano 97).
Tiras Humorísticas sobre o Camiño de Santiago, para o diario “El Progreso”. Posteriormente dirixidas a un programa de T.V. realizado pola Deputación de Lugo.
Ilustracións para o diario “ABC” (En colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüítica, Santiago de Compostela, ano 97).
Ilustracións para a Revista "Lucus" (Deputación de Lugo, 95, 99).
Ilustracións para un total de 5 libros de texto sobre música da Editorial Galinova.
Ilustracións en Gravado para a edición limitada dun Libro de Artista, todo el feito a man, de xeito artesanal, para un poema de Marica Campo “Velaí a Muller”. Exposto en Estampa (Madrid), e en Saga (París).
Bonecos en plastilina para o disco e páxina web do grupo Fuxan os Ventos “Sempre e máis despois” do ano 99.
Ilustracións para o “Programa de Orientación Académica e Profesional” de Xosé López Vázquez (editado polo Concello de Lugo).
Ilustracións para Libro de Natureza de Laura Vázquez Janeiro (editado pola Deputación Provincial de Lugo).
Ilustración para libro de Amnistía Internacional, cun texto de Paula Carballeira, “Ninguén está só”, Lugo.
Ilustracións para Guía do alzheimer, do Concello de Lugo.
Ilustracións para o libro educativo “Os canarios” do Concello de Lugo.
Ilustracións para o catálogo “A olería na Terra Chá”, Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.
Ilustracións para o libro “Foeminas” do Concello de Lugo.
Deseño de persoaxe e ilustracións para catálogos de “Gálix” (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.)

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
“Debúxame un conto” exposición de Ilustradores galegos. Organizada por Gálix, Santiago de Compostela.
Exposición celebrada no Pavillón do libro galego na “Fiera del libro per ragazzi", Bologna 2003. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.
Exposición Antigos Alumnos da Escola de artes Ramón Falcón, Centro socio-cultural “Uxío Novoneyra”, Lugo.

BIBLIOGRAFÍA
Selección de libros de literatura infantil e xuvenil:
“Podesvir” de Fina Casalderrey. Publicado pola Editorial Sotelo Blanco, Santiago.
“As Porcas Porquiñas” de X. Antonio Neira Cruz. Biblioteca Nova 33 de Caixa Galicia, Santiago.
“Xograr Cangas e Asociados” de X. Antonio Neira Cruz. Con Gálix e a D. Xeral de Política Lingüística.
“María está a pinta-lo mar” de X. Antonio Neira Cruz. Editado pola Xunta de Galicia.
“Olo - Iepu - Iepu” de Paula Carballeira. Editado por Galaxia, Vigo.
“Os Catro Amigos” adaptación do conto “Os músicos de Bremen” dos Grimm, por Xoán Couto. Editado por Kalandraka, (Pontevedra). Reeditado no ano 2004 para Corea.
“Adiviñas para xogar” de Sabela Álvarez Nuñez. Editado por Ir Indo (Vigo).
“María está a pinta-lo mar” (nova versión) de X. Antonio Neira Cruz. Editado por Everest Galicia.
“Os Ladróns de Tixolas” de Xosé A. Perozo.Editado por “Ir Indo” Vigo.
“As Porcas Porquiñas” (nova versión) de X. Neira C. Editado por EverestGalicia.
“Érase una vez... Lugo, Pécs, Tanum, Verona”. Varias autoras. Editado polos concellos de Lugo, Pécs, Tanum e Verona para o "European World Heritage Project".
“A Alfombra falsa” de Xavier López Rodríguez, editado por Everest Galicia.
“A Raposa no Galiñeiro” de Antonio Reigosa. Editado polo Museo Provincial de Lugo.
“Endrina e o Segredo do Peregrino” III edición, de Concha López Narváez, Editorial Galaxia.
“A Viaxe a Compostela de Renato Ratoni” de X. Antonio Neira Cruz,
Exposición “A Viaxe a Compostela de Cosme III de Medici”, Xacobeo 2004.

Galerías

Galería
  • Ilustración