Nace en 1984, en Concepción (Chile).
A súa iniciación fotográfica prodúcese coa súa chegada a España en 2003. En Ribeira, de xeito autodidacta, crea un rústico laboratorio analóxico onde pasa parte do seu tempo materializando os coñecementos que adquire coa lectura de libros fotográficos e...
Fuentes, Manuel
General

Manuel Fuentes é un tallista vocacional autodidacta. Tras facer varios cursos de talla e restauración que marcaron o comezo, realiza as súas obras a modo de afición dende fai uns quince anos, coa intención de plasmar a súa perspectiva artística e amosala ó mundo. Dende o ano 2008 posúe a Carta de Artesán, pasando a estar deste xeito, inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.
O seu labor actual céntrase na realización de varios tipos de talla sobre madeira, en varios tamaños e con distintos acabados. Lámpadas de pé ou sobremesa, marcos de espello ou portafotos, espellos xiratorios de sobremesa, e tallas a gran escala, protagonizan as súas máis recentes creacións.
Tódolos traballos cos que conta son feitos a man de xeito artesanal, e os materiais básicos que utiliza, dependendo de cada peza, son: metal, cristal, e madera, sendo a madeira a principal materia prima e que, xunto coa creatividade persoal, o particular uso das ferramentas, e a estética diversa nos acabados que abarcan dende a policromía, o barnizado, ou o envellecemento da madeira, fan de cada talla unha obra única.
Formación:
1994-1995 Tallista de Madeira (600 h.), impartido a pola Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada.
1993-1994 Artesán Tallado e Modelado (650 h.), impartido pola Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada.
Exposicións:
2007. Exposición da colección Arte en Primavera na Galería Sargadelos de A Estrada (27 pezas en exposición).
2005. Exposición da colección Arume na Galería Sargadelos de A Estrada (44 pezas en exposición).