José Francisco Escudero Carril naceu na Coruña en 1958.
Empezou a súa carreira profesional graduándose na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña en 1979 na especialidade de talla en madeira.
En 1980 toma contacto co material que...
Álvarez Pol, Xosefina
General
CURRÍCULUM
Entre 1974 e 1981 realizou estudios de Debuxo e Pintura na Escola do Círculo das Artes de Lugo co pintor e profesor Xesús Blas Lourés. Fixo estudios en Artes Aplicadas de Lugo e cursos internacionais de artes gráficas en 1987 e 1988 dirixidos por Jesús Núñez. Desde 1982 dirixe a súa academia obradoiro "Escola de Debuxo e Pintura" en Lugo. Premios: 1974: Primeiros premios de Debuxo e Pintura do "XVI Certame Xuvenil de Arte" de Lugo. 1981: Segundo Premio do Concurso Nacional de Gravado "VIII Centenario Hospital de Incio", Lugo.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1982. San Clodio de Ribas do Sil, Grupo Escolar. 1984. Sala de Arte do B.C.I. (co seu irmán Xosé).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1974, 1975, 1976, 1977, 1978 e 1981. Alumnos das clases de pintura e debuxo do Círculo das Artes de Lugo. 1981. Gravados no Concurso "VIII Centenario de Hospital de Incio, Igrexa románica de San Pedro F. De Hospital de Incio (Lugo). 1982. Exposición homenaxe a tino Prados, Círculo das Artes de Lugo. 1983. Exposición de artistas plásticos lucenses, Círculo das Artes. 1983. Exposición de obras de arte organizada polos alumnos de Física da Universidade de Santiago de Compostela, Caixa Postal de Aforros, Santiago de Compostela. 1982. Exposición homenaxe a Picasso, A Coruña. Gráfica 85-89 (Cursos internacionais de gravado). Itinerante. A Coruña, Betanzos, Vigo, Ferrol, Barcelona, Bilbao, Madrid, Salamanca, Sevilla, Valencia. Durante a década dos 70 participou na colectiva homenaxe a Ánxel Johán, Lugo, Galería "Arco da Vella", unha exposición poxa organizada polos alumnos de Artes Aplicadas na sala da Deputación Provincial de Lugo e unha exposición colectiva no grupo escolar de Monterroso. En 1999 fixo unha exposición conxunta cos seus alumnos na sala de arte do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Participou na exposición "Artistas Plásticos coa protectora de animais" na sede da xunta de Lugo en Xuño do 2001. A súa obra gráfica aparece no programa e cartel das "I Xornadas sobre Ciencia e Medio Ambiente", organizado pola Asociación Isaac Newton da Facultade de Física de Santiago de Compostela en (1992) na revista "Eros en espiral", dirixida por X. M. González Xil. Dirixiu as exposicións dos seus alumnos "24 pintores afeccionados" na sala de arte da Deputación de Lugo en 1994 e na sala de arte do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo en 1999.