Yebra de Ares
General
Antonio Benito Yebra de Ares naceu o 25 de abril de 1926 en Monterroso (Lugo).
Pintor e escritor. Amosou a súa obra por primeira vez sendo aínda moi novo nunha exposición colectiva no Círculo Mercantil de Artesanos da Coruña, cidade na que residiu ata o seu traslado a Lugo, onde continuou as súas actividades artísticas e espuxo a súa obra nunha colectiva organizada polo Círculo das Artes en 1965.
A súa formación pictórica foi dende a súa infancia con mestres particulares. Recibiu consellos e orientacións na labor do debuxo e o grabado de Julio Prieto Nespereira, á que lle une unha grande amizade.
Durante un longo período adicase preferentemente a pintar paisaxes e a realizar debuxos, por encarga, entre os que figuran os da Caixa de Aforros de Galicia, e catro carteis sobre o Camiño de Santiago, na provincia da Coruña e Lugo, camiño norte e camiño inglés encargados pola Xunta de Galicia.
Viaxou a París e a Italia para estudia-lo impresionismo francés e as obras dos mestres do renacemento italiano.
Desde hai 25 anos expón en toda Galicia, Madrid, capitais de provincia e en colectivas en París e Londres.
Como escritor, colabora coa prensa galega con relatos sobre a vida e a historia dos pazos galegos, cómics políticos, poemas, ilustracións de libros e outros temas.
Publicou tres libros en galego, un de poemas, “Os xeitos de hoxe”, outro de comics “Argalladas do pobo”, e “Alcaldes e alcaldesas”.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1950. Círculo de Artesanos. A Coruña
1953. Círculo das Artes. Lugo
1980-82. “Pintores galegos en axuda de mans unidas”. Caixa de Aforros de Galicia. A Coruña
1982. “Postcubismo”. Les Salons des Nations. París
1985. Certame na Galería Durán. Madrid
1990. “Pintores Galegos”. Hotel Araguanei. Santiago de Compostela
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1978. Sala do BCI. Lugo
1979. Excma. Deputación Provincial de Lugo
1980. Sala Casino de Ferrol (A Coruña)
1981. Sala do BCI. Lugo
1982. Sala Casino de Viveiro (Lugo)
1983. Excma. Deputación Provincial de Lugo
1984. Sala da Delegación de Cultura da Coruña
1984. Caixa de Aforros de Provincial de Vigo (Pontevedra)
1985. Sala do Concello de Ribadeo (Lugo)
1986. Sala da Asociación de Artistas da Coruña
1987. Caixa de Aforros de Galicia. Sarria (Lugo)
1988. Caixa de Aforros Provincial de Vigo (Pontevedra)
1989. Sala Alcón. Madrid
1990. Sala do Banco Gallego. Lugo
1991. Sala Laxeiro. Vigo (Pontevedra)
1992. Sala Conde de la Victoria. Valladolid