Guillermo Pedrosa naceu en Vilagarcía de Arousa en 1958.
Artista autodidacta, ainda que de sólida formación, comeza a pintar ós 14 anos, ós 17 realiza a súa primeira exposición individual. Parte nun principio da figuración, para representar os húmidos muros das casas nos invernos galegos,...
Prado, Toño
General

Antonio Prado Rodríguez naceu no ano 1940, en San Clodio, Ribas de Sil (Lugo).
Mestre Nacional excedente, a súa actividade profesional denenrolouna noutra Administración do Estado, e na súa xuventude foi seleccionado para o "I Curso de Artes Plásticas en Madrid".
Traballou co pintor lucense Luis G. Pacios, que foi o seu mestre, falecido hai anos, e que pretencía ó grupo "Os Urogallos", constituído por varios pintores de recoñecida fama, como Blas Lourés, Tino Prados, López Guntín...
Formou parte dos grupos de teatro afeccionados, nos que, aparte de facer algúns papeis, participou na elaboración de decorados. Fixo cursiños de debuxo e deliñación.
Na actualidade é membro da xunta directiva da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses.
Fixo exposicións individuais en Valença do Minho (Portugal) en 1982; en 1988 no Concello de Baiona e no 2007, na Galería Amararte de Lugo.
Tamén participou en varias exposicións colectivas en Lugo, nos anos 1968, 1970, 1998, 1999, 2002, 2004, 2005 e 2006, no Círculo das Artes, Edificio Administrativo da Xunta, Sala Almirante e Galería Amararte.