Xulio Villarino nace o 21 de xullo de 1969 en Fazouro, Foz (Lugo), e reside dende hai sete anos no Porto de Bares, Mañón (A Coruña).
Diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo. A súa formación fotográfica é autodidacta. Iníciase na...
Mejuto, Vitor
General
Vitor Mejuto naceu en Barcelona en 1969, e vive en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
FORMACIÓN
Cursou estudios durante tres anos na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Vive e traballa en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) dende hai catorce anos. Traballa como fotógrafo de prensa e reportaxe no periódico La Voz de Galicia. A súa obra pódese enmarcar dentro da tradición do que se deu en chamar abstracción xeométrica, a xénese desta disciplina podémola atopar no constructivismo ruso -que produxo o suprematismo-, a Bauhaus e o movemento De Stijl holandés e que máis tarde foi asumida por algúns informalistas da escola de Nova York como Frank Stella ou Keneth Noland. Algunhas destas propostas derivaron no Minimal, outras como no caso de Peter Halley revisitan a obra dos grandes mestres para acuña-lo término Neo Geo, que non é outra cousa que valerse do espacio e as súas propiedades, do color e o seu comportamento, para falar máis de pintura e menos de emocións. Ainda que isto último é moi discutible.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2008. Anatomías soñadas. Galería Sargadelos, Barcelona. 2007. International Style. Galería De Opsteker/Eduarte. Ámsterdam. 2007. Soltando lastre. Sala de exposicións do Clube Náutico de San Vicente do Mar, O Grove (Pontevedra). 2007. Rombo. Galería Arte Imagen. A Coruña. 2006. La silla tubular. Casa de Galicia. Madrid. 2005. La línea plana. Galería Kera 5. Donostia. 2004. Obra Recente. Galería MC. Santiago de Compostela (A Coruña). 2004. A mirada circular. Sala de arte Caja de Burgos. Aranda de Duero. 2004. Saíndo do Círculo. Galería Borrón. Cambados (Pontevedra). 2003. O Ángulo romo. Caja Madrid. Pontevedra. 2002. Compás. Sala de exposicións Antón Rivas Briones. Vilagarcía (Pontevedra). 1999. Soños de Volume. Sala do Colexio de Arquitectos de Galicia. A Coruña. 1998. Construcción na Escrita. Casa de Cultura. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1995. Vilagarciáns en Pontevedra. Sala de Arte Caixa de Pontevedra. 1995. 17 Artistas plásticos galegos en Bos Aires. Borde Cultural. Arxentina. 1997. Paisaxe Extensiva. Sala Pórticos. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). 1998. Picadillo. Sala Pórticos. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). 1999. IV Premio de pintura Xosé Malvar. Universidade de Santiago de Compostela. 2000. Arte natura 2. Asociación micolóxica A cantarela. Sala de exposicións Antón Rivas Briones. Vilagarcía (Pontevedra). 2001. Arte natura 3. Asociación micolóxica A cantarela. Sala de exposicións Antón Rivas Briones. Vilagarcía (Pontevedra).
COLECCIÓNS
Colección de arte constructivista Javier López de Toledo. Madrid. www.constructivistas.com. Colección de arte Caja Madrid. Colección de arte Colexio de Arquitectos de Galicia. Concello de A Illa de Arousa (Pontevedra). Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Autoridad Portuaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
BIBLIOGRAFÍA
2002. Castro, Antón. Polo camiño deconstructivo (catálogo) 2003. García, Jorge. Menos sigue siendo más en la pintura de Mejuto (catálogo) 2006. Rozas, Mercedes. Casa de Galicia, Madrid (catálogo).