Alfredo Constela Doce naceu no ano 1946 en Ferrol.
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS
2011. Casa da Cultura Paranhos-Porto(Portugal).
2011. A música na arte , Sala da Asoci. Dos Amigos dos Museos de Galiza (A Coruña).
2011. Museo provincial Dr. Santos Rocha (Figueira da Foz...
Loli Regueira
General
Loli Regueira é Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Especializouse nun postgrao en dirección de arte publicitaria e é unha artista plástica activa onde as haxa. Realiza exposicións habitualmente para amosar o seu traballo.
En tempo libre e por amor ao arte, xestiona o blogue www.artebarbanza.com, unha plataforma aberta para a difusión e dinamización do arte na comarca do Barbanza e os seus arredores. Comisariou a primeira exposición de novos artistas nados nos 80 "Arte Barbanza 1980" para o Auditorio Municipal de Ribeira en 2012. Ademais, colabora coa Tenda-Galería O Faiado en proxectos expositivos para o mesmo espazo. É membro activo do colectivo Creaturas forxado en Boiro e para o que diseña xunto a Pascual Vidal e María Magán a primeira edición de "Artists Upstairs- Conversacións sobre a creacións e os seus motores" que ten lugar no Centro Social de Boiro en outubro de 2013.












