Juan Carlos Abraldes Rendo naceu en Barcelona en 1971.
FORMACIÓN
Diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Traballou en diversos...
Casal, Santiago
General

Santiago Casal ten desempeñado moitos e diversos oficios, pero sempre tivo clara a súa vocación pola difusión da cultura. Cando traballaba con Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias que lle reportaban os libros de texto destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola cadea británica), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de obras tan universais como A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta no noso pobo.
Obras realizadas
Toda a súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria, que se ven materializando nunha serie ecléctica de publicacións dentro de xéneros diversos.
Os libros de poemas “Pasión abrumadoramente escasa”, Ed. Tambre; “Las horas perdidas”, Ed. Támega. Coautor de “Oleiros, o paraíso descuberto”, Ed. Toxosoutos.
No eido da divulgación é autor de: “Historia de Oleiros”, Ed. Támega; “Manual de supervivencia frente al stress”, Ed. Toxosoutos; “Costa da morte”, Neria. “Guía de portos deportivos”, “Galegos. A Galicia do Século XXI”. En Xullo de 2014 publica o ensaio “La crisis del sistema. Teoría del Racionalismo esperpéntico”, Ed. Vivelibros. No ano 2016 ve a luz “Alcoholismo. La bestia silenciosa”, Ed. Vivelibros.
Ten publicado as novelas: “Cartas a Elisa” (lingua galega, Ed. Toxosoutos), “El último periodista” (Ed. Dixital, Amazon Kindle), “Sarah Polgar y el estudiante” (Ed. Dixital, Amazon Kindle).
Antoloxía de Contos: “A morte inútil de Patrice Matata e outros contos”; Amazon Kindle.
Na década dos noventa colaboraba cos seus artigos no Correo Galego.
Premios:
Como fotógrafo ten recibido o 1º premio no “Concurso de Fotografía Medioambiental Concello de Oleiros”, 1999, accésit no “Concurso de Fotografía Ventanas al Mar”, Concello de A Coruña, e o 2ª premio no concurso organizado polo CSIC no ano 2012: “Árboles, patrimonio vivo”.
Iolanda: Primeiro Premio “Narra Breve”, Concello de A Coruña (2009)
La muchacha del auto amarillo: primeiro premio no certame de relatos LUIS DEL VAL (2012)
La muerte inútil de Patrice Matata: I premio del Concurso de microrrelatos de AMNISTÍA INTERNACIONAL GALICIA. Vigo, 2012).
Duelo: Finalista no I Certamen de microrrelatos instituído pola Universidade de A Coruña (2012).
Huídas: Finalista no II Certamen de relato breve contemporáneo, Asociación de estudios universitarios de Galicia, 2012.
La chica de la biblioteca: Finalista en el I Certamen Internacional de Relato breve contemporáneo, Asociación cultural de estudios universitarios de Galicia (2013).
Marina: Segundo premio no “I Certamen Internacional de relato “Letras del Parnaso”, 2013.
¡Oh, el amor!: Finalista no Certamen Internacional de microrrelatos “Palabras contadas”, Ed. La Fragua del Trovador, Zaragoza, 2016.
Ventanilla única: Seleccionada para a súa inclusión na Antología del II Certamen de microrrelatos de Laguna del Duero (2017).
Pel de mazá: 2º premio no XIV Certame literario “Concello de Ames”, na modalidade de relato (2017).
A brisa entre as espigas: finalista XIV Concurso de poesía “Anomar”. Concello de Teo. 2017
Lucía: accesit XXIII Edición Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. 2018.