Gema Alba naceu en Lugo, no ano 1974.
Licenciada en Belas Artes, especialidade de Pintura. Na Universidade Complutense de Madrid.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2012. 'Isometrías'. Galería Marisa Marimón. Ourense.
2011. 'Limítrofe'....
Paco Ascón
General
Paco Ascón nace hai 61 anos en Barcelona, pero moi cedo trasládase á Galiza, onde na Coruña entra en contacto con grandes artistas galegos e, por riba de todo, coa maravillosa paisaxe gallega, que reflicte unha e outra vez nos seus lenzos e papeis dende 1974.
Neste ano comeza a súa carreira pictórica de xeito profesional e son moitas as exposicións individuais e colectivas en todo o mundo.
Expón na Coruña en mais de seis ocasións, recibe o primeiro premio na Primeira Mostra de Artes Plásticas de Unión Fenosa.
Expón en distintas galerías e institucións do estado español e mais en distintos países -Caixa Galicia, Caja Postal, Sala da Cultura do Concello da Coruña, Arquivo do Antigo Reino de Galicia, Arte Imagen, Galería Sargadelos, Agripa, Rosalía de Castro, Burela, Niké, Art-Box, Pedret, Adega, Arte Toranto, Euroamérica Galeries.
Colabora con institucións de apoio social e humanitario como: Manos Unidas, Hogueras de San Juan, Fundación Adcor.
Expón en París e Beziers (Francia), Los Angeles, New York e Miami (USA], Gante (Bélgica], Battalha (Portugal).
Participa nas mais importantes feiras de Arte do estado español: Artexpo, en Barcelona (en dúas ocasións); Árcale, en Salamanca; Arte Sevilla...
Participa en varias ocasións en certámenes e bienais internacionais—Beziers, Balconadas, Euroart, etc…
Actualmente contínua a desenvolver a súa laboura artística en Xares, un pequeno pobo da hermosa e idílica montaña de Ourense, onde reside e ten o seu estudo.
Contan coas súa obras: Xunta de Galicia, Caja Postal, Caixa Galicia, os Concellos de Sarria, Betanzos, Oleiros, a Sociedade Unión, e empresas como MZOV, Unión Fenosa... ademais de distintas pinacotecas públicas e privadas.












