Pasar al contenido principal

Canosa, Manuel

General

Categorías: 
Escultura

Manuel Canosa Santamaría naceu o 30 de xullo de 1950 en Cee (A Coruña).

CURRÍCULUM
Escultor autodidacta, que utiliza preferentemente a madeira para a realización das súas obras ainda que tamén utiliza outros materiais como metais e marfil.
Actualmente é profesor de Tecnoloxía da ESO no Instituto “Fernando Blanco” de Cee (A Coruña).

OBRAS
Obras de madeira (algunhas con título): A Virxe da Xunqueira (4 pezas), Elegancia morena, A pinga da vida, Juan Pablo II, San Antón, Venus galega, A Virxe nena, Crucifixo, Busto da súa dona, Busto dun pensador, 4 baixorrelevos (Ana, María, Concha e moza amazona), Escudo de Cee, A moza do laúde, Marco de espello, Marco de fotos de parede, Neno sobre o coxín, Orla universitaria, Rexorde o amencer, A polbeira, Tronco de símbolos, Tronos para imaxes, Marco da placa dun albacea do benefactor Fernando Blanco, Revisteiros, Maceteiros...
Das obras feitas en diferentes metais destacan as Coroas.
Diferentes figuras de pequeno tamaño.

EXPOSICIÓNS
En Cee (A Coruña) en tres ocasións na Mostra de Artesanía e a Semana da Cultura.
Festa da Música e da Arte en Guitiriz (Lugo).
Festa das Letras e da Arte en O Couto, Ponteceso (A Coruña).
Exposición de Artesanía en Cabana, Ponteceso (A Coruña).

CRÍTICAS DE PRENSA
La Voz de Galicia dá conta da súa obra en notas editadas nestas datas: 14.07.88, 15.07.88, 19.07.88, 26.07.88 (análise da súa traxectoria), 26.04.89, 20.05.90, 12.08.90, 14.08.90, 17.08.90, 18.08.90, 31.05.91 (entrevista), 06.06.91 (fotografía dalgunha peza), 22.09.98 (fotografía de pezas), 04.08.04…

Críticas

Crítica

Desde os 10 anos o Ceense Manuel Canosa talla esculturas en madeira.
Na recente exposición de artistas locais, que se levou a cabo na vila ceense, co gallo da celebración da "I Feira do Libro de Cee", déronse a coñecer, as tallas en madeira que Manuel Canosa Santamaría realiza e que...

Galerías

Galería
  • Escultura