EXPOSICIÓNS
1967. Exposición Colectiva. Museo Arqueolóxico, Ourense.
1980. Sala de Exposicións Deputación de Lugo.
1980. Delegación de Cultura de Pontevedra.
1981. Semana do Mar. Vigo.
1981. Sala do Concello de Vigo.
1982. Sala de Exposicións da Caixa de...
Quijada Márquez, César Jesús
General
César Quijada Márquez (Lugo, 1959 - 2013) iniciouse no mundo da fotografía por tradición familiar. Realizou os seus primeiros estudios en Madrid onde asistiu ós cursos organizados polo Laboratorio Difo. A tradición familiar levouno a dar os seus primeiros pasos profesionais da man do seu pai para, posteriormente, independizarse e montar o seu propio estudio fotográfico no centro da cidade lucense. Durante algún tempo realizou incursións profesionais no mundo da imaxe televisiva como operador de cámara para TVE e realizador do programa deportivo “Cronos. Só deporte”, da cadea local Televisión Lugo. César Quijada combinou a súa actividade de fotógrafo co ensino da fotografía e a presidencia da Federación Nacional de Profesionais da Fotografía e Imaxe de Lugo.












