Josefina Alonso Nocelo naceu en Ourense.
Enxeñeira de profesión, comeza a súa traxectoria plástica en 1987 en Ourense con Pilar Iglesias Soto. En 2003 trasládase a Vigo e asiste ó obradoiro B.A. Realiza exposicións de maneira individual dende 1998 ata que se traslada a Vigo...
de Prada, Juan Miguel
General

Juan Miguel de Prada, naceu en Segovia en 1950.
Iníciase moi novo na pintura, dando os premeiros pasos co seu pai. Con nove anos asiste a clases de debuxo de estatua, na Escola de Artes e Oficios de Segovia. Ós catorce anos, iníciase na escultura e traballa con soldadura eléctrica e autóxena. Ós quince anos descobre a acuarela dos pintores segovianos, Unturbe, Heredero e irmáns Román. Ós dezaoito anos traballa co bronce, metal e aluminio para os pintores Váquero Turcios e Váquero Palacios.
En 1969, é seleccionado en Segovia (pintores de menos de 21 anos) e os seus cadros asisten en Málaga ó certame nacional.
En 1971 traslada a súa residencia a Lugo por motivos profesionais.
En 1973 expón por primeira vez individualmente en Lugo.
En 1974 é pensionado pola Diputación da Coruña no Pazo de Mariñán.
En 1975 asiste ás clases do escultor Rodrigo Porral. Coñece ó mestre López Guntín.
A partir de 1975 traballa o óleo, a acuarela e a escultura, realizando exposicións en Galicia e Castela.
Dende 1980 adícase casi exclusivamente á acuarela ata 1990.
A partir de 1990 adícase á investigación coa acuarela e técnicas mixtas.
En 1995 asiste ás clases do grabador madrileño Pablo Sáez.
En 1996 retoma a madeira mezclada con pintura, talla, así como madeiras superpostas. Volve ó óleo cunha constante na súa vida, os acantilados.
A partir de 1997 realiza exposicións en: Segovia, Burgos, León e Aranda de Duero.
En 1998 e 1999 realiza exposicións en: Segovia, Burgos, León e Aranda de Duero.
En 1998 e 1999 expón en Bilbao e Castro Urdiales (Santander).
Dende o 2000 ó 2001 traballa con augaforte, "huecograbado", acuarela, técnicas mixtas, acrílico e óleo.