Carballo, Miro
General
Delmiro Carballo Couñago naceu en O Covelo, en abril de 1955.
É pintor, debuxante e deseñador gráfico.
Residente en Vigo, dende o ano 1956. É o terceiro fillo do fundador do Bar Carballo en Vigo (Antonio Carballo).
Compaxinou a súa actividade artística coa profesional bancaria durante 30 anos sendo directivo en bancos privados e públicos -director do Banco Hipotecario de España en Vigo- na actualidade compaxina o seu estudio coa de conselleiro empresarial, realizando esporádicamente colaboracións en radio e televisión como comentarista gastronómico.
OBRA:
1965. Premio de debuxo infantil da Caixa de Aforros de Vigo.
1970-75. Formación técnica no taller de Antón Patiño (Vigo) supervisada por D.Urbano Lugrís.
1970. Exposición colectiva na Galería Van Gogh. Vigo.
1973. Exposición colectiva na Galería da Caixa de Aforros Municipal de Vigo (World Fishing Exibition).
1976. Exposición colectiva na Deputación de Santander (Pancho Cossío).
1978. Exposición colectiva na Galería Kreissler (Madrid).
1979. Exposición individual en Aristos (Burgos).
1980. Exposición colectiva no Concello de Vigo.
1980-90. Colaboración grafica no Diario de Pontevedra e Artes Gráficas do Noroeste (Deseño gráfico).
1981. Exposición individual en Xentes (Vigo).
1983. Exposición indvidual en Xentes (Vigo).
1989. Exposición individual no Real Clube Náutico de Vigo.
2004. Exposición individual na sala de exposicións Desván (Vigo).
2004. Exposición colectiva en Barcelona, no Forum das culturas (Plecs D’Art).
2008. Exposición individual no Clube Financeiro de Vigo.
2010. Exposición na Sala Universo, Pontevedra.
Obra privada en España, Estados Unidos, Alemaña, Portugal e Venezuela.
Incorporación de obra permanente no Museo de Pontevedra.
Profesional autodidacta e independente, que nunca pertenceu a ningún grupo artístico nin movemento político ou cultural.
Estudio compartido en Vigo co Deseñador Gráfico Daniel de Castro.