Xosé Telmo Lodeiro Rodríguez
Amboage, Plácido
General
Plácido Amboage Fernández naceu en Santiago de Compostela, o 4 de abril de 1945.
CURRÍCULUM
Despois de cursar estudios de Bacharelato en Santiago, trasladouse a Madrid para ingresar na Escola de Artes e Oficios, onde obtivo o título de deliñante. Posteriormente regresou a súa cidade natal, onde cursou estudios de Dereito e, na actualidade é funcionario do Estado na Administración de Xustiza. Posúe tamén o título de debuxante publicitario.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
Exposición de óleos. Aula da Cultura da Caixa de Aforros de Galicia, Santiago de Compostela. 1982.
Exposición de óleos. Casa do Mar. Vilagarcía de Arousa.
Exposición de óleos sobre Xesucristo, en “O Faiado”. Boiro.
Exposición de cadros ao óleo, de pintura sacra sobre Xesús de Nazaret, no Centro Cultural de Vite, en Santiago de Compostela, no mes de abril de 2006.
Exposición de cadros ao óleo, de pintura sacra sobre Xesús de Nazaret, na casa de Galicia en Madrid, ao longo dos meses de marzo-abril de 2010.
Exposición de cadros en branco e negro -aguadas e plumillas- sobre a Catedral de Santiago, no restaurante Enxebre do Hostal dos Reis Católicos, en abril de 2011.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
Certame das Balconadas, Betanzos Certame Unión Fenosa (Mostra IV), A Coruña.
PREMIOS
Premio nacional de deseño gráfico “San Froilán 86”.
Premiado en “A Semana Verde de Galicia”, celebrado en Silleda.
Premiado en “A Segunda Semana do Mar” en Ribeira.