Pasar al contenido principal

Longo Huelga, Mª Flor

General

Categorías: 
Pintura

María Flor Longo Huelga naceu en 1945 en Oviedo.

Reside en Lugo dende hai máis de 30 anos.
Ademáis dos estudios básicos, licenciouse en Maxisterio e exerceu a docencia durante varios anos.

Asistiu a clases co pintor Pacios na década dos anos 80.
Máis tarde entrou a formar parte da escola de pintura de Xosefina Álvarez Pol.
Asiste tamén ós talleres de Pintura co tamén pintor Xesús Blas Lourés.

O seu estilo sempre foi figurativo-realista utilizando, principalmente, pastel óleo e carbón como as súas principais técnicas.
As súas especialidades son a recreación de paisaxes e bodegones, así como os retratos utilizando o carbón.

EXPOSICIÓNS
2010. Exposición colectiva no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
2009. Exposición colectiva no Círculo de Belas Artes de Lugo.
2008. Exposición colectiva no Círculo de Belas Artes de Lugo.
2004. Exposición colectiva no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
2002. Exposición-concurso no Colexio de Médicos de Lugo.
2001. Exposición-concurso no Colexio de Médicos de Lugo.
1999. Exposición colectiva no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Lugo.
1994. Exposición colectiva na Diputación Provincial de Lugo.

PREMIOS
2002. 1º Premio na exposición-concurso do Colexio de Médicos de Lugo.
2001. 1º Premio na exposición-concurso do Colexio de Médicos de Lugo.

Galerías

Galería
  • Pintura