Pasar al contenido principal

de Castro, Óscar

General

Oscar De Castro Pedrouzo naceu en O Carballiño en 1983.

Master en Deseño Gráfico na Escola Superior de Disseny Elisava de Barcelona.
Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade San Pablo CEU de Madrid. Completa a súa formación académica na Aula Creactiva, Zinkproject e no Instituto Europeo di Design de Madrid, e a Central Saint Martins College of Art & Design en Londres.

Traballou como Copywriter en 'El Laboratorio' de Madrid, como freelance para o estudo de Daniel Castro, en Vigo, e dende principios de 2008 a setembro de 2009 como deseñador gráfico en Carlos Rolando The Design Workshop, Premio Nacional de Deseño en 2005 e selecionado pola Communication Arts (edición de marzo/abril de 2009) entre os 15 mellores deseñadores europeos dos últimos 50 anos.
Na actualidade está traballando como deseñador gráfico freelance en Matte, unha boutique especializada en comunicación de estilos de vida sociais en Amsterdam.

Traballou para clientes como Nike, Tommy Hilfiger, Mercedes, Yoigo, Dry Martini Bar ou o Fútbol Clube Barcelona.

Foi seleccionado como un dos deseñadores do ano en 2009 por Talenthouse, e é parte de YDU, unha selección de deseñadores unidos de toda europa. O seu traballo foi elixido por numerosos blogs e revistas dixitais de deseño gráfico, e en decembro de 2009, foi invitado para unha exposición no Old Truman Brewery, Brick Lane, Londres.

Magazines e traballo editorial, exposicións, campañas publicitarias, roupa e estampados de tela, obras de arte de produtos, xoguetes, libros, carteis, gravados e lenzos...

http://www.oscardecastro.com

Galerías

Galería