Isabel Pardo naceu en Lugo en 2002.
En agosto de 2017 realiza un mural alusivo ao camiño de Santiago participando na primeira edición do 'Mercado do Alboio', en Vilalba.
En outubro do 2017 realiza a súa primeira exposición de debuxo e pintura no...
Cubillo, J.D.
General
Jesús Domingo Cubillo, naceu en Salamanca no ano 1943.
Médico de profesión, formouse na Universidade de Salamanca e especializouse en Neuroloxía e Psiquiatría. Vive e traballa en Galicia desde hai máis de corenta anos. Exerceu a súa profesión como psiquiatra en varios hospitais desde 1971 ata 2011, ano en que se xubilou no Hospital de A Coruña.
Sente paixón por dous campos ben distintos á súa profesión: a química e a pintura, á que se dedica intensamente na actualidade, ainda que a súa dedicación á pintura iniciouse na mocidade; nos anos de Universidade participou en varias exposicións colectivas de pintores universitarios, e en agosto de 1980 participou na Bienal Internacional das Artes Plásticas de Pontevedra.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-A súa primeira exposición individual realizouna en febreiro de 1981 na sala da Caixa Postal de Aforros da Coruña.
-En 2008 expón a súa obra pictórica na sala de Portas Ártabras baixo o título “Naturezas mortas, construccións e paisaxes”, integrada por unha treintena de pinturas con diversos motivos entre os que destacaban as composicións con material de laboratorio de química, matraces, vasos, crisois, construcións industriais e paisaxes de territorios mineiros.
- En 2013 regresa a Portas Ártabras con novas obras que expón baixo o título “Novas naturezas mortas, construccións e paisaxes”. Presenta unha treintena longa de pinturas de material de laboratorio, complexos siderometalúrxicos, altos fornos, poboados minieros, pozos e castilletes.
- En 2015, a exposición “As cores do ferro” -no Sporting Club Casino da Coruña- recolle o esencial da súa obra dos dous últimos anos. Significa unha ruptura coa liña anterior e, dalgún modo, un retorno ao tipo de pintura dos anos 1979 a 1981. Máis afastada da figuración e con maior énfasis na cor e a textura, tamén incorpora o que Fernando Mon chamou no seu día “materiais extrapictóricos” que, nesta ocasión son, ademais de madeiras, pezas metálicas máis ou menos oxidadas; todo iso unido á utilización preferente de pigmentos constituídos por óxidos e hidróxidos de ferro, que dan título á mostra.
- En 2018, volve a expoñer baixo o título 'Cores da terra' (sala do Colexio de Médicos da Coruña). Nesta exposición recolle a obra pictórica realizada nos últimos tres anos. Os seus cadros adquiren relevo e forma coa utilización de materiais recollidos na rúa, os montes e nas súas habituais visitas a minas antigas. O artista recolle materiais de refugallo e os devolve á vida transformados en arte.