Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Terra e silencio: a pintura mineral de Jesús Cubillo

Cando, atendendo o convite do médico e escritor Pablo Vaamonde, visitei a exposición de Jesús Cubillo no Colexio de Médicos da Coruña, o primeiro que me chamou a atención foi o aporte matérico das pezas. A superficie non aparecía plana, senón salferida de picoutos de diversos tipos e ordes. Cadros cunha certa dimensión escultórica nos que o predominio do óxido, do ferruxinoso é total.
A proposta de Cubillo defínese por unha austeridade allea a calquera tentación exuberante ou vizosa e a gamas ou matices deslumbrantes… Ao contrario, estamos ante un universo telúrico, ancestral, dominado por texturas abruptas e por cores terrosas nas que salientan os ocres, vermellos e negros. Un espazo intemporal de silenciosa xeoloxía, de covas, tobos e minas, que require para a súa correcta comprensión un observador atento e implicado.
Materiais humildes, pobres, sen valor comercial, retallos, restos rescatados por Cubillo que agora teñen un novo destino; un destino que irá mudando, evoluíndo, transformándose na mesma obra. Obxectos nos que o importante é o valor expresivo do propio material ou do propio obxecto. Esas reixas que agochan, que protexen e ameazan, fálannos de illamento e incomunicación e expresan, quizais, a soidade humana. Os anacos de madeira, e a cinsa, presentes en varias pezas, veñen constatar que permanece a cinsa, non o lume … Torcas, puntas, cravos e outros elementos industriais, ordeados en espazos xeométricos, sen dúbida cunha intención simbólica, parecen aludir a unha mensaxe críptica, ignota.
A paisaxe, de montaña, suxírese con simples liñas ou con arames. Velaí os ´campos minados`, as marcas, os signos, os cristais rotos, o sol, como un símbolo paternal e protector, reiterado na maioría das pezas. A natureza pedregal, irta, sen unha herbiña, expresa a súa potencia, mais tamén a súa queixa. Forza mineral e cósmica, anterior ao advento da vida, que aínda non chegou. Ou que chegou, pero xa non existe..?
Jesús D. Cubillo provoca unha reflexión entre os obxectos e a súa forma, a través da ubicación no soporte e das cualidades específicas de cada un deles. Non importa nin a procedencia nin o uso. Son elementos marxinais que encarnan valores transcendentes grazas á 'visión' que ofrece o artista. E son elementos neutros, que non emiten xuízos, nin xulgan nin falan, exprésanse en si mesmos, buscando a raíz oculta, o sentido último. A serena harmonía.

Autor de la crítica: 
Xulio Valcárcel

Cubillo, J.D.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información