Pasar al contenido principal

Chris

General

Categorías: 
Fotografía

Cristina Prieto Ledo naceu o 19 de maio do 1971 na Terra Chá (Lugo).

Entrou en contacto coa fotografía no estudio Juan José en Lugo ós 16 anos. Ós 20 anos fixo un curso de producción de vídeo, colaborando no “Obradoiro da Imaxen” no concello de As Pontes (Coruña) durante catro anos.
Fixo un curso de producción de video realizado na Diputación de Lugo e comenzou a segunda parte deste, abandonandoo para traballar de auxiliar de cámara de TV en Radio Televisión Terras de Lemos (Monforte).
Un ano máis tarde, realizou o mesmo traballo en Televisión de Lugo. Continuando no mundo da TV, pasou a formar parte da equipa que realiza os informativos locales para a TVG en Lugo da productora do Progreso durante dous anos.
É ós 30 anos cando retoma a súa gran paixón, e cumpre un dos seus soños, graduarse como Técnica Especialista en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo dous anos despois, recibindo unha Mención de Honra polos méritos acadados no seu expediente académico.
En xaneiro do 2005 abreu un estudio de fotografía na Avenida da Coruña en Lugo o cal leva o seu nome en portugués “Chris”.
Na actualidade ademáis de levar o estudio, colabora coa revista cultural lucense Entremuros na súa sección de “cámara estática”, e coa Protectora de Animales de Lugo, facendo neste mesmo ano 28 fotografías no albergue que forman parte dunha exposición itinerante que se inaugurou nesta cidade no mes de outubro.

EXPOSICIÓNS
1991. Exposición Fotográfica no Pub Tertulia (As Pontes)
1995. Exposición Fotográfica no Pub Goleta en Lugo
2005. Exposición Fotográfica Itinerante “Pasa, mira, sente e non nos esquezas”.

PREMIOS
1991. 1º Premio no I Maratón Fotográfico de As Pontes (A Coruña)
1996. 2º Premio no V Maratón Fotográfico de As Pontes (A Coruña)
2003. Mención de Honra polo expediente académico na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo.

e-mail: chris-fotografa@mundo-r.com

Galerías

Galería
  • Fotografía