Santiago Casal ten desempeñado moitos e diversos oficios, pero sempre tivo clara a súa vocación pola difusión da cultura. Cando traballaba con Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de...
Ochoa, Eduardo
General
Eduardo Ochoa ten participado en múltiples exposicións en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Madrid, Murcia, Zarautz, Viana do Castelo…, así como recibido numerosos premios.
Publicou nos catálogos da "Primeira" e "Segunda Fotobienal" de Vigo, "O Mar", "Ollares no Tempo", "Outono Fotográfico", "Primeira Bienal Lucense", "Univerfoto", "Torre Luzea", "Estructuras", "Coarenta anos de fotografía en Lugo", "Ourense en pé de foto", "Olladas", etc...
Tamén é autor das fotografías que integran os libros "Lugo Blues", "Meta-relatos", "Catro por Vinte", "Vilalba", "O Ouro Prerromano na Provincia de Lugo" e "Descubrir Lugo". Así mesmo, participa con fotografías propias nas obras homenaxe "Doce anos na búsqueda da nosa identidade", "Cara ó Miño", "Os mundos de Claudio Rodríguez Fer", "Vintecinco anos de labor cultural en Ourense" e "Librería Alonso 1863-2000". Por outra parte, obras súas foron publicadas en "Arte Fotográfico", "Unión Libre", "40 por
50", "Kamara", "Objectif", "Artesonado", "Entremuros", "Obradoiro", "Vers Compostelle"… Referencias á súa obra aparecen en publicacións como "Homenaggem a Eduardo Lourenço", "Novelas como álbumes", "Historia y Comunicación Social", "Unión Libre" e "Luzes de Galiza". Fotos súas foron collidas para portadas de libros, discos, postais, así como para numerosos carteis.
Paralelamente está interesado pola recuperación da historia da fotografía en Lugo, sendo o autor do texto "161 anos de fotografía en Lugo", publicado no catálogo da exposición" Memoria visual de Lugo". Igualmente foi o director das cinco "Mostras Fotográficas" organizadas en Lugo e dedicadas sucesivamente á temática libre, a paisaxe, o retrato, o nu e a arquitectura.
En 1991 gañou a Bolsa da Delegación de Cultura de 250.000 pts. para a realización do proxecto "Lugo e a súa provincia en cen visións". Nese mesmo ano foi seleccionado no proxecto "Catro Direccións. Fotografía Contemporánea Española. 1970-1990". E no 2000 a súa obra foi recollida na colección "Fotógrafos fin de milenio", no volume 3, "Fotógrafos de España".
Entre as súas principais exposicións individuais están: "Ecuacións" (A Coruña, 1988), "Deriva" (Ourense, 1999), "Miradas" (Lugo 2002) e "Arborescencias" (Lugo, 2005).