Xulio Villarino nace o 21 de xullo de 1969 en Fazouro, Foz (Lugo), e reside dende hai sete anos no Porto de Bares, Mañón (A Coruña).
Diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo. A súa formación fotográfica é autodidacta. Iníciase na...
Carro Montiel, Antonio
General
CURRÍCULUM 1975. Comeza no mundo da artesanía realizando traballos en vidro, alpaca, etc..., que logo vendería no rastro de León. Esta actividade era complementaria á súa profesión de electricista. É un artesán autodidacta, ainda que procura asistir a cursos para aprender e perfecciona-las diferentes técnicas. Traballa con varias técnicas e diversos materiais. De 1976 a 1980 participa en varios cursos organizados polo Concello e a Deputación de León. · Tamén colaborou con varios ceramistas leoneses para poder iniciarse e perfeccionar distintas técnicas da cerámica (modelado, torno, esmaltes, engobes, etc...) · Asiste a clases na Escola de Artes aplicadas e Oficios Artísticos de León. · Comeza no mundo do maquetismo etnográfico, construíndo maquetas a pequena escala de hórreos, molinos, apeiros de labranza, etc... Estas pezas venderíanse posteriormente no rastro de León, tendo unha grande aceptación. Entre 1980 e 1984, comeza a súa experimentación no mundo da fotografía conseguindo varios premios, pero sen abandona-las distintas actividades de anos anteriores. 1984-1995. Cofunda a compañía de teatro de títeres "Yeppa Títeres" onde se especializa na construcción de bonecos, escenografías, teatriños, iluminación, son, etc… · Expón as maquetas etnográficas por distintos puntos de España (León, Madrid, Asturias, Galicia, Guadalajara, etc…), sendo éstas moi valoradas polos milleiros de persoas que acudiron a visita-las exposicións. Algunhas destas maquetas poden verse na sección outros trabajos. · Realiza elementos escenográficos en goma espuma para as compañías teatrais asturianas Quikilimon e Margen. · Realiza elementos publicitarios para empresas asturianas tamén en goma espuma. · Restaura os xigantes e cabezudos do concello de Vegadeo en Asturias. · Comenza a traballa-la madeira cunha serie de 30 taraceas con motivos etnográficos. Tamén comeza a restaurar e construir mobles de madeira. · Colabora co catedrático da universidade de Oviedo J. María Legazpi, aportando ideas para o seu libro editado por Caja Asturias en 1991. 1995-2002. Abandona o mundo do teatro para centrarse na creación e elaboración de pezas artísticas e decorativas en madeira e outros materiais. · Restaura antigüedades e reconstrúe pezas antigas moi deterioradas. · Realiza o deseño de esculturas e murais en madeira. · Participa en diversas ferias e exposicións. 2002-2003. Colabora por terceiro ano consecutivo co pintor-escultor galego Alfonso Costa realizando o seu deseño do trofeo para o certame literario Avilés de Taramancos, organizado polo concello de Noia (Galicia). · Tamén realiza os seus deseños dunha serie de dez esculturas en madeira e fibra de vidro para a súa exposición “A cor da Aire” inaugurada na sala Trebellar da Coruña no mes de Novembro de 2002. 2003-2004. Realiza unha serie de 8 maquetas etnográficas para a Casa Museo da Agua de Bres, Taramundi (Asturias) · Realiza como en anteriores anos o trofeo Avilés de Taramancos. . É incluido no catálogo de Artesanos do Eume, editado por Euroeume. · Realiza unha serie de moldes para colada, a unha ceramista da Coruña. · Tamén restaura varias antigüedades, para diversos anticuarios da Coruña. 2005. Restaura os tres molinos da casa de turismo rural "Muiños do Castelo" en Narahio (A Coruña). Reportaxe de Nordesía 2006. Realizou unha maqueta para o Museo de Construcción Naval de Ferrol. Restaurou unha talla da igrexa de Doroña (A Coruña).
EXPOSICIÓNS 2005. Expón en “La Casona” en San Feliz de Torío (León), Acompañado polo Secretario Autonómico do PSCYL Ángel Villalba. Expón na galería de Sargadelos (Ferrol). Joaquín Lens faille unha Crítica de Arte. 2004. Expón na sala do Concello de Pontedeume (A Coruña). 2003. Participou na exposición colectiva de Artesáns do Eume realizada en As Pontes e Pontedeume (A Coruña). Espuxo tamén nas seguintes localidades: Ribadeo (Lugo), Miño (A Coruña), Perbes (A Coruña), Vilarmaior (A Coruña), Galería Sargadelos (Ferrol), San Feliz de Torio (Leon), Tapia de Casariego (Asturias), Luarca (Asturias), Grandas de Salime (Asturias), Taramundi (Asturias), Gijón (Asturias), Pola de Siero (Asturias), La Robla (León), Trobajo del Cerecedo (León), San Andrés del Rabanedo (León), Molina de Aragón (Guadalajara), Almazán (Soria).
CERTAMES 2006. Seleccionado no certame de artesanía "Antonio Fraguas" da Deputación da Coruña. 2003. Este ano é finalista e seleccionado pola Deputación da Coruña no certame de artesanía Antonio Fraguas. 1984-1995. Cos distintos espectáculos creados pola compañía de teatro e títeres Yeppa Títeres, participa en varios certames nacionais e internacionais de teatro de títeres, e os representan por moitos puntos de España (Asturias, Galicia, Madrid, León, Soria, Guadalajara, etc...)
CURSOS 2003-2004. Imparte un curso de escultura no Concello de Vilarmaior (A Coruña). 1995-2002. Imparte cursos enfocados a nenos e adultos de construcción de títeres e escultura. 1984-1995. Imparte cursos sobre construcción de títeres e marionetas dirixidos a nenos e tamén a profesionais do ensino.