Primitivo Marcos Ferreiro nace en Lugo no ano 1962. Dende moi novo empeza a debuxar influído polos grandes debuxantes clásicos de tebeos aos que admirou sempre. A súa maior produción está dedicada ao cómic que ven publicando dende os anos 90 en diferentes revistas e para distintos Organismos....
Caxigueiro
General

Daniel Río Rubal (Caxigueiro), naceu o 6 de marzo de 1955 en Mondoñedo (Lugo)
CURRICULUM
A súa estancia no Seminario de Estudios Cerámicos (Sargadelos) fai que estableza unha especial relación cos materiais cerámicos, presentes en boa parte da súa obra. A partir do ano 1990, o escultor vai traballar máis preto do concepto de "instalación". A narración, a temática social, a utilización do chan, a presencia da poesía xunto coa mestura de correntes tan diversas como o expresionismo o conceptual e o minimal van ser constantes no seu traballo.
OBRA
A súa primeira exposición data do 1980 en Lugo, aínda que será na década dos 90 cando a súa obra desperta maior interese. A frecuente presencia nas galerías galegas, a participación en eventos como Arco, Foro Atlántico, etc... ou a inclusión das súas obras nas coleccións máis interesantes do país (Fenosa, Caixa Galicia, Caixavigo, etc...) falan do seu labor na arte contemporánea galega.
INSTALACIÓNS
1990.- "Guerreiros" Museo Pablo Gargallo Zaragoza.
1992.- "Sair, Mudar". Urxencias III, Moaña.
1996.- "O Bosque das Ausencias" Galería Clérigos. Lugo.
1998.- "A linguaxe da memoria" Galería Pardo Bazán. A Coruña.
1999.- "Xeografías" V Foro Atlántico, stand Galería Pardo Bazán.
-"Camuflaxe" Galería Bacelos, Vigo.
2000.- "Tras do Silencio", stand Galería Bacelos (Madrid, ARCO).
-"Linguaxe e memoria", Galería SCQ, Santiago.
EXPOSICIÓNS INSTITUCIONAIS
1993.- "Trazos e Camiños". Itinerante.
1994.- "Escultura Ibérica actual". Itinerante.
1997.- "De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia" (Auditorio de Galicia).
2000.- "Galicia Terra Única" (Fundación Barrié).
-"Escultura gallega contemporánea. La cerámica como punto de partida". Itinerante.
-"Diálogo co silencio". S. Domingo de Bonaval. Santiago.
BIBLIOGRAFÍA
"Summa Artis". Cerámica Española. Trinidad Sánchez Pacheco."Enciclopedia Proxecto Galicia", Editorial Hércules. Antón Castro, Severino Penelas."De Asorey ós 90" (catálogo) Mª Luísa Sobrino. "Escultura Gallega Contemporánea. La Cerámica como punto de partida". Antonio Garrido. Revista Internacional de Cerámica, etc...