Pasar al contenido principal

Ferreyra, Miriam

General

Categorías: 
Pintura

Miriam Noemí Ferreyra Paizal naceu en Córdoba (Arxentina).

En Córdoba, realiza os seus estudios de Bacharelato Elemental e inicia os de protésico dental, que non culmina, ó fixar a súa residencia en España, entre Tapia de Casariego, Ribadeo e Lugo. Transcorren os seus primeiros anos dedicada por enteiro á súa familia. Finalizado este período, pasa a dar renda solta ás súas inquedanzas artísticas.
Acude a clases de pintura ó óleo, acuarela e técnicas mixtas, a partir de 2006, no taller do pintor Juan Miguel de Prada, en Lugo, onde comeza a realizar, en principio, obras sinxelas dirixidas e despois evolucionando hacia temas complexos de variada temática asesorada por amigos do mundo artístico.

Realiza a súa primeira exposición individual en decembro de 2002 na Casa da cultura de Vegadeo, con masivo apoio de público e considerable éxito de vendas.

En febreiro de 2003, presenta a obra “As fogazas” ó II Certame de pintura de ámbito nacional que convoca a Asociación Cultural de Mulleres “La Colmena” de Cerredo, sendo seleccionada por un xurado composto por recoñecidos artistas, presidido polo profesor da Escola de Artes e Oficios, Ricardo Monjardín. Ó mesmo tempo, participa noutros certames de carácter nacional e internacional, Premio de Pintura Xunta Xeral do Principado de Asturias, Premio Internacional de Pintura FLC, Premio Nacional de “La Gastronomía en la Pintura, Casa Consuelo”...

En 2004, clausurou a súa exposición individual na Casa de Cultura Juan de Mairena de Tapia de Casariego, con moi bos resultados. En febreiro do mesmo ano, presenta a obra “Llendo al tajo”, da serie oficios, ó III Certame de Pintura de ámbito nacional, que convoca a Asociación de Mulleres “La Colmena”, sendo novamente seleccionada por un xurado composto por: Ricardo Monjardín (Pte), Natalia Pastor, o gañador do último premio Tomás Pérez Marbán e os pintores Joaquín Castro López, e Elena Rodríguez Cuesta. No mesmo ano, realiza unha exposición na nova Oficina de Turismo de Ribadeo (Lugo).

En 2005, fai unha exposición colectiva no “Patio de María José” en Ribadeo (Lugo) xunto a Chelo Sanjurjo (Asturias) e Riesco (Madrid).

En 2006, Exposición no café “Home Marín” de Tapia de Casariego, e Exposición na “Casa das Letras”, de Ribadeo (Lugo).

En 2007, Exposición colectiva de acuarela na sala de exposicións, do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, con alumnos do taller do pintor Juan Miguel de Prada.

En 2008, acto de cesión da obra “Indo á mar”, para a exposición permanente na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. No mes de xulio fai unha exposición de óleos e acuarelas na Casa de Cultura de Tapia de Casariego.

En 2009, participo no I Concurso de Pintura, Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, quedando seleccionada a obra “La Meda” para a exposición itinerante nos distintos concellos da comarca.
En xulio, exposición de óleo, acuarela e técnicas mixtas no “Home Marín”, Tapia de Casariego.

En 2010 participa como artista invitada á mostra de Mulleres Artistas Pintoras Luguesas no Fuerte San Damián Ribadeo (Lugo).
Posteriormente, e no mesmo lugar, participa na exposición de Pintoras Aficionadas de Ribadeo.

É o seu desexo seguir evolucionando artísticamente, podendo alcanzar recoñecemento e prestixio coas súas obras y que sexan causa de disfrute da maior parte do público, da mesmo xeito que ela disfruta na súa composición.

Galerías

Galería
  • Pintura