Juan Carlos Platis Cores, pintor e escultor.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS: 1995. Sala Pórticos, Vilagarcía de Arousa. 1996. Sala La Musaraña, Vilagarcía de Arousa. 1997. Fogar do Pescador, Vilaxoán. Sala La Carrilana, Santiago de Compostela. 1998. Galo Negro, Cambados. 1999. Cultura Quente,...
Costas, María
General
María Costas Chapela, naceu en Moaña o 10 de agosto de 1971.
FORMACIÓN
1999. Título de Auxiliar Xoieira.
2000. Título de Xoieira. Escola CEIG de Vigo.
2003. Título de Xemóloga (dous anos académicos) na Universidade de Barcelona e na Escola Técnica de Xoiería do Atlántico (Vigo).
Realizou diversos cursos de Enfilado de Colares e de Esmalte de Xoias.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Exposicións: “900 horas de Joyería”, “Art´Istal” ...
Feiras: Festival Intercéltico de Moaña, Feria Multisectorial do Miño, ...
Desfiles de Moda: Gala Super Model España 2001, Desfiles de Presentación en Luar (TVG)... realizados en Galicia, con xoias exclusivas.
Participación nas tres últimas edicións da “Feria Internacional de Bisutería Euro-Bijoux”, celebradas en Mahón, Menorca; sendo finalista no ano 2002.
Exposición de xoias no Salón Internacional de Reloxería e Xoiería de Munich “Inhorgenta Europe”. Alemania, febreiro de 2003.
Presentación de coleccións en publicacións tan prestixiosas como: a revista “Arte y Joya” (marzo e abril, 2003), con unha reportaxe especial adicado a Novos Diseñadores; presentación da Colección Drago´s no xornal “Gold & Time” (xullo, 2003); e tamén na Guía Cultural de Artistas de Galicia, da Xunta de Galicia.
Tempada Primaveira – Verano 2003: presentación de tendencias na Galería de Xoias “Doble G”, Madrid.
Tempada Outono – Inverno: participación na Gala Final para a selección da Chica Interviú Galicia 2003, co gallo da presentación das novas creacións.
Participación en diversos concursos no ano 2004, a destacar, o certame “Antonio Fraguas”.
Na actualidade, compaxina a docencia, como Xemóloga Titulada, na Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, coa creación de xoias exclusivas e o deseño e realización de múltiples escaparates, principalmente, no sector da xoiería.












