Olavide, Maruxa
General
Maruxa Olavide naceu en A Coruña. Cursa os seus estudios en Madrid. Dende nena sinte unha grande pasión por tódalas artes, se ben o seu carácter en extremo independente non lle permite suxeitarse a normas e cánones. Muller de carácter aberto e de moitos amigos, Maruxa é tamén unha experta viaxeira, sabedora de paisaxes exteriores e interiores, naturais e humanos. Desa ampla experiencia tomou as colores, os sonos e as historias que, xa dende nena a levaron a plasmar as súas inquedanzas na pintura, a literatura, a música e a poesía.
PINTURA
Autodidacta, pinta os seus primeiros cadros no estudio do pintor arxentino Rafael Usandivaras, quen dixo dela que tiña un sentido da composición e a cor moi por encima do normal.
En 1972 inaugura a súa primeira exposición na Sala do Palacio Municipal de A Coruña, con 38 óleos. Presenta a obra o escritor Álvaro Cunqueiro, que nos di: "La obra de Maruxa Olavide es espontánea, tiene aire de urgencia, las formas y los colores acuden puntualmente al pincel, porque Macuxa quiere hablar y ahora mismo sólo puede hacerlo con la pintura". E este "poder hacerlo sólo con la pintura", xa é por si mesmo unha calidade. "Los paises, los seres humanos, los pequeños pueblos vistos casi desde el aire, constituyen por eso un mundo muy personal, narrado vivazmente"...
A súa segunda exposición celebrase en 1974 no "Círculo de las Artes de Lugo", con 53 cadros. "Maruxa no rehuye las dificultades. Desnudo -con dominio seguro del dibujo- retrato, paisaje, color óleos, esmaltes, ceras... Hay en su obra mucho más que imaginación: hay valentía y hay arte. Hace lo que quiere y sabe hacerlo bien", diría dela esta vez o seu presentador, o coñecido periodista Bocelo, entón director do diario "El Progreso" de Lugo. Do éxito obtido nesta exposición, é clara mostra o que manifesta, no mesmo xornal, un critico de arte: "Maruxa Olavide ha venido a presentarnos una obra muy digna y sincera, volcando en sus lienzos un universo personal muy suyo, que nos hace sentir transportados más allá de nuestra realidad inmediata. Nos hace el regalo a la vista y a la sensibilidad de una imagen plástica, sugerente, apoyada en un sabio oficio y en un exquisito dominio del color".
En xaneiro de 1979, volve a expoñer na sala da Caixa de Aforros de Galicia, en A Coruña, cun total de 45 cadros entre óleos e ceras. O escultor Santiago de Santiago quen presenta esta nova mostra pictórica, nos di no catálogo: "Los manantiales existen, no se hacen. Luego algunos se encuentran, pero otros se presentan, se imponen por su fuerza arrolladora. Y asi llegan la sobras de ese manantial creador que es Maruxa Olavide. Pero Macuxa es más que un manantial, es como una proliferación de aquas termales... y cada una cura: seduce con su possia, arrastra con su guitarra, y consigue situar al espectador y retenerlo ante esa variedad expresiva de su paleta pictórica".
Cun total de 40 ceras expón de novo no Casino de Viveiro (Lugo) en agosto de 1983, presentada esta exposición polo Académico Marino Dónega, quen di: "Macuxa Olavide expresa un idealismo nado dos sonos poéticos, fragmentarios e violentos, creadores de instintivas e belidas formulacios plasticas. Pintora onirica, Macuxa indaga primeiro nos sonos e nos pesadelos en percura das ideas fuxitivas e ceibes de atrancos. E logo, xurdidos dun puro estado de vixilia, a sua conciencia alerta crea mundos de quietude e de silencio a moverense no espontaneo e mais no directo".
Posteriormente interven en varias exposicións conxuntas en Madrid, A Coruña, O Ferrol e Viveiro (Lugo).
En agosto de 1998 expón de novo no Casino de Viveiro, unha colección de 31 esmaltes a lume sobre metal, que presenta a poeta e pintora, Luz Pozo Garza, membro da Real Academia Galega, qen di: "Entramos nos tesouros da miniatura. A maxia que Maruxa Olavide lle confire o vidrio permite entrever ensoñados xardins diminutos que, en realidade son o segredo do ser, a propia intimidade trasladada a imaxe pola emocion. Se meditamos ensimismados diante dos esmeltes de Maruxa Olavide, damonos conta de que, sen pretendelo, a autora o que nos esta a mostrar non e senon a imaxe presentida da sua conciencia cosmica".
LITERATURA
No campo da literatura, Maruxa ten especial predilección polos versos populares, polos contos para nenos e para maiores e polas crónicas sociais, sempre adobadas con tenrura e humor. Ahí está a súa sección diaria "Las Cosas de Maruxa" no Ideal Gallego. As súas recatas diarias e páxina semanal titulada "Personas y Cosas", con entrevistas e crónicas sociais, en El Correo Gallego e as súas colaboracións semanais no Heraldo de Vivero, etc... "Las memorias de una bizca" (premio "Vieira de humor") e a colección de contos infantís "Y Colorín" (libro bilingüe, castelán-galego).
A esta producción literaria, añade o seu primeiro libro de narrativa galega (que publica Edicións do Castro), "Os Contos de Xoaquin" e despois o segundo, "As veladas con Xoaquin" que ven ser unha continuación desa serie de relatos que Maruxa sitúa nunha tertulia doméstica e que confecciona dun xeito sempre divertido, máis tremendamente útil para conectar ca alma galega.
Firma tamén un contrato con Ediciones Everest para a publicación doutro libro infantil titulado "Las Cinco Amigas", o primeiro dos que lle ofreceu a esta Empresa.
Recentemente viu a luz, un novo libro titulado "Personas y cosas de A Coruña y su entorno".
Aínda inéditos tres libros de poemas: "Mujer en vela" (bilingüe castelán-galego). "Deixa que o tempo envolva os soños" (galego) e "Experiencias" (galego). E en proxecto, dous libros: un de cociña -"Menú del Día"- e outros de crónicas sociais, recopilatorios respectivamente das recetas diarias e a serie "Personas y Cosas" publicadas en El Correo Gallego pola autora.