Mª Luisa Rojo-Novais Grandío (Novais).
Membro da Asociación de Artistas Plásticos Galegos ARGA.
Membro da Sociedade Artística Ferrolana, SAF (A Coruña).
Membro da Asociación Liceo Ferrolano (A Coruña).
Membro tamén de "Pintores de Galicia"....
Leandro
General
CURRÍCULUM
Leandro Barea “Leandro”, diplomouse na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo en deseño gráfico e ilustración no ano 97. Dende o 2000 colabora diariamente co xornal La Voz de Galicia con dúas viñetas de humor gráfico, así como nos suplementos “Xatentendo.com”, de humor gráfico, “Fugas”, suplemento de ocio ou “Culturas”, suplemento de corte cultural, todos do mesmo diario pero de periodicidade semanal.
En canto a colaboracións de carácter máis irregular e por orde cronolóxica podense destacar os traballos que realizou no 2002 para a revista “Rockdeluxe”. Este mesmo año colaborou co xornal galego "A Peneira" no seu suplemento de humor gráfico: "O Farelo", no xornal portugués "Trevim" no seu suplemento de humor gráfico: "Bronkit", ilustrou parte do libro de Alberto Pascual, “A uva acidohíbrida de Forxán” e empezou a colaborar durante un ano, ata a súa desaparición no 2003 na revista de cómic xuvenil “Golfiño”.
No 2003 publicou unha historia dunha páxina no álbum H2OIL, monográfico de varios autores en contra da marea negra causada polo petroleiro Prestige, colaborou esporádicamente na revista-fanzine Monográfico (2003 y 2004), e cedeu uns debuxos para facer postais virtuais na web “Vieiros.com” contra a intervención americana en Irak.
E xa por último no 2004 empezou a publicar debuxos na revista xuvenil “Mister K”, de edicións “El Jueves” e na revista “Barnablues”.
Membro de A.G.P.I. (asociación galega de profesionais da ilustración) e da F.E.C.O., (asociación europea de debuxantes de humor), dende 2004 e 2001 respectivamente.
PREMIOS
Galardonado co 2º Premio no Salón de caricatura de Vila Real (Portugal 2000), mención de honra neste mesmo certame no 2001 e tamén galardonado co 3º premio no 2002.
Galardonado con 1º Premio no 2º Certame de Tira Cómica de Irún 2001.
Finalista no concurso internacional de humor “Curuxa Gráfica 2002”, e “Curuxa Gráfica 2004” organizado polo Museo do Humor de Fene (Ferrol, Galicia).
3º premio no primeiro concurso de humor gráfico en Sober (Lugo, 2003).
Mención no “Festivale Internazionale de Italia”, Roma (2003)
EXPOSICIÓNS
Exposición colectiva de caricaturistas galegos na VI Bienal de caricatura de Ourense 02.
Exposición colectiva de caricaturas en Seixal (Portugal 2001).
Exposición colectiva de humoristas gráficos en Trento (Italia, 2001), co gallo da homenaxe á figura do Quixote.
Exposición colectiva de humoristas gráficos na Universidade de Alicante, (2002)
Obras de humor gráfico expostas permanentemente no museo do Humor de Fene.
Exposición colectiva de humoristas na ciudade portuguesa de Indanha a Nova (2002).
Exposición colectiva de humoristas no Museo do Humor de Fene (2003), en contra da marea negra do petroleiro Prestige.
Exposición colectiva dos ex alumnos da Escola de Artes Aplicadas de Lugo, Ramón Falcón (2003).
Exposición colectiva de humoristas no Museo do Humor “Humor Cru” (Humor Crudo) de Fene (2003), en contra da marea negra do buque Prestige.
Exposición colectiva de artistas gráficos en contra da catástrofe do petroleiro Prestige en A Coruña e en París ambas en 2003.
Exposición no salón do cómic da Coruña “Viñetas dende o Atlántico” de orixinales do álbum, H2OIL.
Retrospectiva de autores iberoamericanos na Universidade de Alcalá de Henares en Outubro del 2003
Exposición colectiva de artistas gráficos en contra da represión después da guerra civil española organizada polo “Museo do Humor de Fene” (Novembro 2003).
Exposición individual no Mesón O Forno (Lugo, maio 2004).
Xurado e artista invitado a expoñer obra fora de concurso no “Salón da Caricatura de Vila Real” (Portugal 2004).