Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

Desde os 10 anos o Ceense Manuel Canosa talla esculturas en madeira.
Na recente exposición de artistas locais, que se levou a cabo na vila ceense, co gallo da celebración da "I Feira do Libro de Cee", déronse a coñecer, as tallas en madeira que Manuel Canosa Santamaría realiza e que atrouxeron a atención dos visitantes da mostra, aindaque o autor negouse a vender algunha das imaxes.
As pezas que o escultor espuxo teñen todas un sitio na súa propia casa, polo que so si algún que outro amigo lle pide algo especial, o fai. Os traballos son un crucifixo, un escudo real de Cee de hai 70 ou 80 anos, unha amazona, un par de tallas exentas, e varios baixorelevos.
O material que empregou para face-las figuras son madeiras de castaño, cabilla, cedro e ukola de Guinea, que merca nunha tenda do Pindo.
Manuel Canosa ten trinta e sete anos e dende os dez leva facendo figuriñas en madeira, sin que moitos dos seus veciños coñeceran esta faceta artística do profesor do colexio de Formación Profesional de Cee. "Dende pequeno -explica- sempre andaba coa navalla facendo figuriñas, barquiños sobre todo. Logo, fun facendo outras figuras con dentes de cachalote, que conquería na baleeira de Gures. O que máis e o que menos tiña sempre con él un dente de cachalote. Con el podíase facer aneles, crucifixos ou medalliñas, ás que se lle incrustaban cachiños de fichas de dominó. Moitos rapaces -engade- traíanme un dente para que lle fixera algunha destas cousas e eu facíalle o que me pedían e logo empregaba o resto para facer outras e vendelas". O ser fillo e neto de carpinteiros marcou un pouco a súa afición por este tipo de actividades. O seu pai tamén facía fichas de xadrez e bastóns tallados, mentres que unha tía súa tiña moita maña facendo zapatillas de madeira. A súa nai tamén influíu no seu interés polo tallamento en madeira, "por eso lle adiquei esta exposición", manifesta.
Defínese coma un autodidacta, e todo o que conqueriu facer e consecuencia das críticas que se fai a sí mesmo, segundo afirma. Non adica máis que o tempo libre para facer estes traballos, e mesmo soio cando se atopa inspirado.

Canosa, Manuel

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información