Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Rafa Vilar gaña o XVI Premio 'Pura e Dora Vázquez' de Narración
    O escritor coruñés Rafa Vilar (Cee, 1968), vén de gañar coa obra Os outros oficios (presentada baixo o lema "Clara Z"), o XVI premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense. Rafa Vilar é un filólogo e escritor vinculado ao asociacionismo cultural de base, e foi un dos promotores do Batallón Literario da Costa da Morte e mais da colección de poesía Letras de Cal.
  • Inaugurada a exposición itinerante de GaliciaDigital sobre Manuel Rodríguez López en Monforte de Lemos
    Tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos (Lugo) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor.
  • A iniciativa 'Camiño da reciclaxe' chega ó Camiño Inglés, e xa suma máis de 200 albergues colaboradores
    Presentouse a cuarta edición desta campaña de concienciación e sensibilización que ten por finalidade, impulsar a cultura da separación de residuos de envases lixeiros e papel-cartón para a súa reciclaxe, é dicir, fomentar o coidado da contorna, do medio natural e da biodiversidade. Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo nos meses nos que se concentra o maior número de peregrinos, de xuño a outubro.
  • A inauguración da exposición 'Patrimonio industrial. Memoria e cultura' celebra o Día Internacional dos Arquivos
    A mostra constitúe unha selección de documentos procedentes de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, do Banco Gallego ou do fondo da Familia Vilariño Pintos, custodiados no Arquivo de Galicia e que foron seleccionados para formar parte deste exposición sobre o desenvolvemento industrial na nosa Comunidade. Póñense así en valor os importantes fondos e coleccións dos arquivos de Galicia.
  • Un libro dixital sobre 'A Medalla Castelao de Xesús Mato'
    Xesús Mato Mato recibiu, hai agora un ano, a Medalla Castelao, pola súa traxectoria, pola súa obra e pola súa vida de entrega á igrexa, a música e ás causas sociais. As Medallas Castelao concédeas a Xunta de Galicia a aquelas persoas que se distinguen de xeito especial polo seu servizo a Galicia. A de Xesús Mato foi concedida en virtude da petición do Orfeón Lucense, do que Mato é Director emérito; a esta petición adheriuse logo o pleno do Concello de Paradela, do que Mato é Fillo Predilecto.
  • O Camiño de Santiago será o protagonista da fin de semana en Tui co II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus
    O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é sentar as bases de cara o Ano Santo e dar a coñecer diferentes camiños de peregrinación a Santiago, así como reunir nun evento aos grandes expertos do Camiño de Santiago.
  • Moving Hearts, Shooglenifty, Gwendal y Flook, cabezas de cartel del Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Actuarán en el escenario Estrella Galicia del 11 al 14 de julio
    El Concello de Ortigueira presentó el evento hoy miércoles en la cervecería Estrella Galicia de A Coruña. En el acto se dio a conocer la programación completa de la edición 2019 y las principales novedades, como la creación de un vídeo y música propia del festival, bajo el eslogan “Oito Nacións Unha Cultura” o la apuesta por la igualdad de género en el concurso de nuevos talentos.
  • Claudio Rodrígez Fer presenta a edición bilingüe galego-portuguesa de 'Unha tempada no paraíso'
    Este xoves será presentada a edición bilingüe galego-portuguesa “Unha tempada no paraíso”, de Claudio Rodríguez Fer, traducida e prologada en Brasil por Saturnino Valladares, quen a editou na Editora Valer de Manaos co título de “Uma temporada no paraíso”. Este novo volume de poesía traducida ao portugués publicado pola brasileira Editora Valer sucede a Não amanhece o cantor, de José Ángel Valente.
  • As Xornadas de Música Contemporánea do 2019 xirarán en torno á Diáspora
    Do 7 ao 27 de xuño en distintos espazos de Compostela terá lugar as Xornadas de Música Contemporánea 2019, que nesta ocasión xirarán en torno á Diáspora. O programa presentárono esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo; e o director do CGAC, Santiago Olmo, todas institucións organizadoras do ciclo xunto á Deputación da Coruña.
  • Inaugurada en Mondoñedo a exposición '350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo'
    Foi inaugurada na sala Losada Quiroga do Seminario de Mondoñedo a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 81
  • 82
  • 83
  • 84
  • 85
  • 86
  • 87
  • 88
  • 89
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información