Notas
-
O Gaiás anima ás familias a gozar dun 'Agosto monicrequeiro' con tres das mellores compañías galegasO Gaiás anima ás familias a gozar na Cidade da Cultura de Galicia dun Agosto monicrequeiro con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas que actuarán no Xardín do Teatro os mércores 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, ás 19,00 horas. A entrada é de balde, e con capacidade limitada para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria da covid-19.
-
O Noroeste Estrella Galicia reformúlase pola COVID e volta á orixe cunha aposta polas bandas galegasEn 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Este ano marcado pola pandemia o Concello da Coruña optou por manter a cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes.
-
'Viae Ad Limina Sancti Iacobi' é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición sobresae pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade. A maiores, a caligrafía que acompaña ás obras plásticas ten o estilo propio do autor e enfía un interesante relato histórico que, á súa vez, estrutura a mostra, que poderá visitarse até o vindeiro 31 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
-
A profesora e escritora Charo Golmar presentou no compostelán Pazo de San Roque o seu último libro, Nobelo de luz, co que se estrea como poeta. Acompañouna o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou a obra “como un canto á diversidade, tamén lingüística, á maior comprensión a prol de construírmos un mundo mellor para todas e todos”. A presentación contou cunha lectura de poemas a cargo de Rosalía Morlán, Susi Arca e Loliña Chamadoira e cunha actuación musical de Manoele de Felisa e Begoña Blanco.
-
Despois duns meses marcados pola incerteza, parece que hai feixes de luz que insisten en abrirse camiño. Un deles é o 17° Ribeira Sacra Festival, que celebrará unha cuarta edición máis íntima, máis próxima, esta fin de semana na Ribeira Sacra. Unha cita na que cada vez a música comparte maior protagonismo coa contorna, buscando proporcionar ao público unha experiencia única, cun formato diúrno e o feito de estar en espazos incribles que se saen do común: adegas, miradoiros, catamarán e as actividades incluídas dentro do Festival.
-
O Festival Internacional de cinema Play-Doc celebrarase na cidade de Tui do 23 ao 27 de setembro, despois de ter que pospoñer a súa décimosexta edición por mor da crise sanitaria. A organización do certame está a traballar, xunto co Concello da cidade, no deseño dunha edición especial e diferente que garanta a seguridade do público, dos invitados e do propio equipo, facéndoo compatible co pleno goce da programación e as actividades que terán lugar este ano.
-
La Fura dels Baus contará coa participación de membros da centenaria Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos para o seu macroespectáculo deste mércores no Gaiás, NN (Nova Normalidade). Nel a compañía catalá salienta o papel do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá ás 21,00 horas o macroespectáculo, dirixido por Carlus Padrissa, e no que están implicados un cento de cantantes, bailaríns e actores.
-
A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidise dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística. Tendo en conta as especiais circunstancias na que se conmemorou esta data, o pasado 1 de abril a institución anunciou que ampliará a súa homenaxe ata 2021 e que levará a cabo unha serie de actividades e xornadas para difundir e poñer en valor a vida e obra de Domingo de Andrade.
-
O documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomías que traballarán por un lado na promoción turística e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.
-
As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal.