Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Unha exposición abre a semana cultural que a Xunta e o Colectivo Egeria dedican a Carballo Calero en lugo
    A exposición Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero abre hoxe a semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Compleméntase cunha exposición na Biblioteca Pública Provincial e a presentación, o xoves, dun libro con lembranzas do paso do escritor polo colexio de Fingoi, todo elo baixo o paraugas do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo ao longo deste ano a asociación cultural.
  • 102 centros educativos participan no programa 'Biblioteca creativa', para fomentar a investigación e a aprendizaxe
    Un total de 102 centros educativos de Infantil e Primaria de toda Galicia −25 de nova incorporación e outros 77 que renovan a súa continuidade− participan neste curso no programa Biblioteca Creativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar, desde a biblioteca escolar, un espazo creativo de aprendizaxes no que o alumnado poida experimentar e investigar con todo tipo de recursos.
  • O grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC organiza unhas xornadas sobre Carvalho Calero
    O grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) organiza, co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, as xornadas “Arredor de Carvalho Calero”. Con esta actividade, inicialmente prevista para o mes de abril, o grupo quere incidir “na divulgación da figura e da obra do profesor Ricardo Carvalho Calero, referencia cívica e intelectual da Galiza do século XX”.
  • O VIII Festival de Creación Musical Contemporánea de Vertixe Sonora comeza co Ciclo en Ruta
    Mira atrás no tempo con ollos amábeis…, é proposta coa que Vertixe Sonora dá comezo ao tríptico de concertos que compón o seu ciclo En Ruta, unha cita que comeza a ser referente nun contexto de creación e representación de identidades culturais a través do son. A música contemporánea e as experiencias do Camiño, que representa tantos outros camiños, representados a través da música.
  • O Gaiás convértese nun efémero cinema de outono para acoller un ciclo familiar con filmes da mostra 'Cinema e Emocións'
    A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e Persépolis, fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición 'Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás'.
  • 36 obras que miran á natureza para promover a introspección
    “Un amor moi grande á natureza” constitúe, como explica a artista Loreto Blanco, o punto de partida de Te miro y me veo, a exposición que ata o 22 de novembro protagoniza na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela. A través de 36 obras, nas que Blanco busca retratar a “consciencia e sabedoría” que xorde da natureza, esta exposición tenta, como sinala a artista, provocar no espectador unha “mirada introspectiva cara un maior coñecemento”. 'Te miro y me veo' reúne unha serie de lenzos que parten á súa vez de fotografías tomadas nunha contorna natural.
  • A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’ foi inaugurada no Centro de Interpretación da Mariña, en Foz
    A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, chegou ao Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz (Lugo), onde foi inaugurada coa colaboración do concello focense. O proxecto “Don Ricardo de Fingoi” inclúe, ademais desta exposición itinerante, un folleto que reflicte integramente os trece paneis, e unha web e un libro que recollen opinións e lembranzas de ex-alumnos de Carballo Calero no Colexio de Fingoi.
  • Cova Eirós achega luz sobre a forma de vida dos neandertais
    A última campaña de escavacións desenvolvidas na Cova de Eirós por membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC e do Institut de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona permiten afondar no coñecemento dos modos de vida dos neandertais e constatan a hipótese de que este enclave foi durante un longo período de tempo un campamento no que se desenvolvían actividades como a caza ou elaboración de utensilios.
  • Mulleres 'con nome propio' para botar unha ollada con perspectiva de xénero á antigüidade
    O luns 19 de outubro celebrarase a terceira edición das Xornadas: Olladas á Antigüidade, organizadas cada curso académico pola profesora e decana da Facultade de Historia do campus de Ourense Susana Reboreda. Nesta edición, a cita leva por título Mulleres con nome propio co obxectivo de pór o foco en personaxes femininos destacados do pasado e por primeira vez, atendendo á situación sanitaria provocada pola covid-19, desenvolverase de xeito virtual, non presencial.
  • A Semana da Arquitectura da Coruña homenaxea a obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat
    A cidade da Coruña celebra a Semana da Arquitectura cunha especial homenaxe ao arquitecto e profesor da Universidade da Coruña recentemente falecido Andrés Fernández-Albalat. A alcaldesa da Coruña presentou onte o programa de actividades nun acto que contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Plácido Lizancos, entre outras persoas.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información