Notas
-
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe ao coñecido actor e humorista Xosé Luís Bernal Farruco, no acto de presentación do libro Eles e mais eu, no que o persoeiro compostelán fai memoria da súa cidade a través de semblanzas de santiagueses singulares. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade colabora na edición deste libro que dá ao prelo a Editorial Galaxia.
-
O Festival Curtocircuíto presenta a súa 17ª edición, que combinará actividades presenciais e en liñaO Festival Internacional de Cine Curtocircuíto deu a coñecer hoxe a programación completa coa que celebrará o seu décimo sétimo aniversario do 3 ao 11 de outubro en Santiago, nunha edición que por vez primeira combinará as actividades presenciais coas que desenvolverá en liña. Filmin será a nova sede do festival na rede, na que se poderán ver as seccións competitivas Radar, Explora e Penínsulas, así como a estrea de 'Lúa Vermella', o último traballo de Lois Patiño, que chegará a Santiago 9 de outubro.
-
O III Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista' botou a andar este mércores de xeito telemático debido á pandemia por mor da COVID-19. O encontro celébrase os días 23, 24 e 26 de setembro baixo o lema 'E fazian fondamentos', palabras inspiradas no verso alfonsino 'e tragian muitas pedras para fazer fundamentos', que forma parte da segunda cobra da Cantiga de Santa María 358.
-
Cada ano por estas datas a OV430 presenta a súa tempada de concertos. Nesta ocasión, coa intención de adaptarse á situación de incertidume provocada pola Covid-19, a orquestra presentou o seu Ciclo de Outono. Co patrocinio do Concello de Vigo, a tempada 2020-21 dividirase así en dous ciclos. Xa se coñece o primeiro deles, que se vai desenvolver durante os meses de setembro a decembro.
-
O Festival de Teatro Galego-FETEGA Celso Parada desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa 31ª edición cunha carteleira dedicada integramente á escena do país, con espectáculos de sala, animación de rúa e unha Escola do Espectador como principal novidade das súas actividades paralelas. Os organizadores do certame, que incorpora a Carlos Ledo como director, presentaron en Ourense toda a programación, nun acto no que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
-
La Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual. Actualmente vive e traballa en Xenebra e as súas obras presentáronse tanto en museos e galerías de arte como en teatros, desde a Tate Modern de Londres, ao MNCARS de Madrid, o Centre Pompidou ou o Théâtre de la Ville de París. No ano 2000 foi galardoada co Premio Nacional de Danza e coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2015, recoñecementos, ambos, outorgados polo Ministerio de Cultura.
-
A mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias literarias.
-
Por terceiro curso académico consecutivo, o campus de Ourense, ao igual que os demais campus da UVigo, súmase á iniciativa Docs del Mes, ciclo de cinema documental que ten como obxectivo achegar o cine documental ao maior número de espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. A programación ata finais de ano en Ourense constará nesta ocasión de catro proxeccións.
-
O catedrático de Historia da Educación, Antón Costa Rico, recolleu este mércores de mans do reitor Antonio López, o III Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do uso do galego na Universidade. No seu discurso, o premiado aproveitou para poñer o foco na necesidade de adquirir unha maior “confianza social” no uso do idioma propio de Galicia.
-
A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos convocan este sabado, día 19, a unha ofrenda floral no Pedregal de Irimia, ás 12 da mañá, conmemorando celebración da IX Festa da Afirmación e Dignidade.