Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • O IV Foro #aculturasegue analiza os retos do sector do libro na era poscovid-19
    O director xeral de Políticas Culturais conduciu a cuarta sesión dos Foros #aculturasegue, 'Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19'. Esta nova cita estivo centrada nos desafíos aos que se enfronta o sector do libro no contexto actual, marcado polo impacto económico da crise sanitaria en editoriais e librarías, os aprazamentos de eventos como feiras ou presentacións, o parón no lanzamento de novidades editoriais, ou os novos desafíos do libro dixital.
  • A Cidade da Cultura pecha este sábado o Club das Lerchiñas coa participación da escritora Ledicia Costas
    A Cidade da Cultura pecha este sábado coa premiada escritora Ledicia Costas o Club das Lerchiñas, ciclo de contacontos en liña –da campaña de lecer e formación #aculturasegue– dirixido ás familias e que ata agora emitiu catro sesións nas redes sociais do Gaiás (Facebook, Instagram, Twitter e Youtube) coas historias relatadas por María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer e Paula Carballeira. O Club das lerchiñas botou a andar o pasado 9 de maio.
  • O Gaiás acollerá en outubro 'Galicia, de nós a nós', a segunda exposición do Xacobeo 2021, adiada pola crise da covid-19
    O Museo Centro Gaiás acollerá o próximo mes de outubro Galicia, de Nós a nós, a segunda exposición do Xacobeo 2021 centrada no centenario da publicación da revista Nós e no legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron co seu labor, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da literatura e da cultura galega.
  • O Museo do Mar de Galicia retoma a súa actividade coa mostra 'Blanquísima su presencia' de Nelson Villalobos
    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitaron hoxe a mostra Blanquísima su presencia, do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos, instalada no Museo do Mar de Galicia. A exposición que permanecerá aberta ao público desde mañá e ata o 29 de xuño, conta con 62 obras do artista, pertencente á chamada Xeración dos 80 en Cuba.
  • O terceiro webinario dos Foros #aculturasegue analiza os retos da música na era post covid-19 con Vela del Campo e Sabela García Fonte
    Os retos do sector musical no contexto actual, e concretamente no eido da música clásica, será o tema a tratar nun novo encontro virtual dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19. A sesión, que terá lugar este venres 29 de maio, contará coa participación do ensaísta e crítico musical Juan Ángel Vela del Campo, e da directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte.
  • O Festival de Ortigueira abre o concurso Runas para grupos noveis de 2020 e impulsa o proxecto de cara a 2021
    O concello de Ortigueira centra nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período online de votación, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o 8 de xullo. En 2021 serán seis as bandas finalistas, as tres deste 2020 e as tres que se elixan na seguinte edición, e o festival ampliarase unha xornada máis, pasando de catro a cinco días e creándose o “Día Runas”.
  • O CGAI implica a máis de 500 nenos galegos en actividades de fotografía e cinema durante o confinamento
    O Centro Galego de Artes da Imaxe leva a cabo durante o confinamento diferentes actividades de cinema e fotografía nas que participaron 532 estudantes e 48 docentes de 13 centros escolares galegos. Imaxes gravadas desde as xanelas, retratos das persoas coas que se convive, captación de feixes de luz en distintos momentos do día ou secuencias de ceos e nubes son algunhas das actividades realizadas, que deron como resultado centos de planos asinados por alumnado de entre cuarto curso de primaria e primeiro de bacharelato.
  • O Colectivo Egeria presenta o libro 'Carballo Calero en Lugo - Don Ricardo de Fingoi'
    Co gallo da dedicación do Día das Letras 2020 a Ricardo Carballo Calero, o Colectivo lucense Egeria promoveu unha serie de actividades co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio Fingoi, para estudar e espallar os QUINCE ANOS EN LUGO do profesor e escritor. Co título xenérico de 'CARBALLO CALERO EN LUGO. Don Ricardo de Fingoi', desenvólvense diversas accións, que nestes días culminan coa publicación dun libro dixital.
  • O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e o IES Ferrol Vello de Ferrol gañan o Concurso-Exposición Letras Galegas 2020
    Dous dos proxectos que adquiren cada ano maior protagonismo no Mes das Letras Galegas para festexalas e honrar o autor anfitrión, desta vez Ricardo Carvalho Calero, xa están dispoñibles para a súa descarga libre e de balde desde o Portal da Lingua Galega. Trátase dos traballos cos que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Ferrol Vello de Ferrol se impuxeron ás numerosas propostas escolares que concorreron á edición 2020 do Concurso-Exposición.
  • O segundo encontro #CulturaLike promove a reflexión sobre a divulgación cultural e científica en internet
    A Cidade da Cultura promove o vindeiro mércores 20 de maio a segunda edición de #CulturaLike, un encontro para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet, que será emitido en liña e reunirá a tres grandes divulgadores da rede: os galegos Déborah García Bello –Deborah Ciencia– e Miguel Ángel Cajigal –El Barroquista– e o manchego José Luis Crespo –Quantum Fracture–. O evento enmárcase no programa de actividades #aculturasegue da Consellería de Cultura e Turismo.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • 69
  • 70
  • 71
  • 72
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información